Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Derradeira sesión do Cinema de Muller este venres na Guarda

O Concello da Guarda retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia do Covid-19.

O Concello da Guarda retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia do Covid-19.

Fecha: 19 de Junio de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, retoma este mes de xuño o Ciclo de Cinema de Muller, suspendido tralo inicio da crise provocada pola pandemia do Covid-19. Esta actividade está enmarcada nas conmemoracións do Día Internacional da Muller 2020.

Programa de Cinema da Muller

O Centro Cultural da Guarda será o escenario para as dúas proxeccións do programa de Cinema da Muller, os días 12 de xuño e 19 de xuño, todas as proxeccións contarán cunha charla coloquio previa ás 20:00h e posterior proxección ás 21:00h.

O venres día 12 de xuño de 2020 proxectarase "As Lindas" de Melisa Liebenthal.

As Lindas é un documental dirixido pola novísima Melisa Liebenthal (Bos Aires 1991) que a pesar de ser a súa ópera prima, foi xa premiada na sección Bright Future do Festival internacional de cinema de Rotterdam, e na terceira edición Asterisco do Festival internacional de cinema LGBTIQ, así como no BAFICI 2016, onde obtivo o premio á mellor directora na competencia arxentina.

¿Que é belo e que non o é? Melisa aborda os estereotipos de xénero baseándose nun arquivo documental de fotografías vellas onde aparecen ela e as súas amigas, feito que a leva a ter unha excusa para reunirse con elas, gravalas e entrevistalas para coñecer cuais foron as súas vivencias a partir da adolescencia e como as sentiron. Nestos encontros máis que sinceros, Melisa descobre que os medos e angustias que a chegaron en certo punto a obsesionar, foron medos compartidos polo resto das protagonistas nesta viaxe ao pasada e que agora levan a cabo xuntas dende unha perspectiva máis madura.

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=5hNVr3BE8fw


Para rematar este ciclo o venres día 19 de xuño de 2020 proxectarase "Histeria" de Tanya Wexler.

Dr. Mortimer Granville (Hugh Dancy) é un xoven médico que constanmente ten problemas cos seus compañeiros polos seus puntos de vista modernos sobre a medicina. Granville é contratado como asistente polo Dr. Dalrymple (Jonathan Pryce), o cal está especializado no tratamento da histeria, un mal diagnosticado comúnmente ás mulleres da época, e que tiña por tratamento masaxes na área xenital para causar "convulsións paroxísticas" que na verdade eran orgasmos.

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=MOzK5V0REz8


Medidas de saúde e hixiene ante o Covid-19
• Aforo máximo do local: 50 persoas en butacas separadas e numeradas
• Diferenciación de accesos e saídas
• Recomendamos reserva previa no 986 61 0000 ext.5(en horario de 9:00h a 14:30h ou en cultura@aguarda.es
• Desinfección previa da sala, butacas e disposición de xel hidroalcohólico para usuarios

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí