Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas 2020

Dicimos unha vez máis -alto e claro- que en Galicia non queremos drogas nin narcotraficantes.

Dicimos unha vez máis -alto e claro- que en Galicia non queremos drogas nin narcotraficantes.

Fecha: 27 de Junio de 2020

Fuente: Érguete Baixo Miño

Neste mes de xuño de 2020 conmemórase o XXX Aniversario da creación da Asociación sen ánimo de lucro ÉRGUETE BAIXO MIÑO. Xa transcorreron 30 anos cando, a primeiros de xuño de 1990, sesenta persoas reúnense no antigo Colexio público M.R. Sinde de A Guarda para tratar da grave problemática do consumo de drogas que estaba ocasionando graves consecuencias persoais e sociais no Baixo Miño á cal asistiron Mari Carmen Avendaño, un avogado e varios membros da Asociación Érguete Vigo. Desa xuntanza saíu unha Xunta Xestora que elaborou os Estatutos da Asociación, sendo aprobados o 3 de xullo dese ano polo Goberno Civil de Pontevedra, comezando esta traxectoria co nome de ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO -Asociación de Familiares e Amigos de Toxicómanos e Ex-Toxicómanos-.

Na modificación dos Estatutos en 2017, pasa a denominarse como ASOCIACIÓN ÉRGUETE BAIXO MIÑO DE PREVENCIÓN DAS CONDUTAS ADITIVAS E DE EDUCACIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE.


Hoxe, día 26 de xuño, Galicia súmase ao Día Internacional contra o consumo indebido e o tráfico ilícito de drogas instaurado pola ONU. Sociedade, goberno da Xunta de Galicia, institucións e concellos galegos, chamados a participar a través da Federación Galega de Municipios e Provincias -FEGAMP- súmanse a esta data.


En Galicia conmemoramos este día co símbolo das bandeiras brancas como aposta por unha vida saudable, unha vida limpa que enriquece ás persoas, fronte ó escuro mundo das adiccións e o tráfico de drogas. E facémolo cun recordo especial para todas as persoas que perderon ou arruinaron as súas vidas por mor da adición ás drogas. Para as vítimas e as súas familias, para os que loitan por reconstruír as súas vidas.


Neste tempo marcado pola pandemia e as súas consecuencias é necesario recordar que antes, durante e despois do coronavirus seguimos a ter importantes problemas sen resolver. Que nesta sociedade temos un problema moi grave coas drogas e outras adiccións é máis que evidente.


Vivimos malos tempos porque en moitos ámbitos asúmese como normal a inxesta de alcohol e outras drogas coma sinónimo de diversión. E nada máis lonxe da realidade. O culto ó alcohol e outras sustancias comporta graves danos para a saúde das persoas, con implicación directa en accidentes de tráfico, violencia de xénero, abusos sexuais e incluso fracaso escolar. Denunciamos, como tamén se fai a nivel estatal, o incremento das adiccións sen sustancia entre menores e mocidade. O xogo e as apostas, tanto presenciais como online, avanzan perigosamente e necesitamos protexer a menores e maiores. A Prevención e a Educación (na casa e na escola) son novamente a clave.


Neste día internacional, fagamos unha aposta pola saúde. Gobernos e cidadáns. En cada casa, en cada familia, en cada grupo de amigos fomentemos o deporte, a música, a cultura, o ocio e as actividades compartidas para desfrutar do verán e da vida cos cinco sentidos.

 


Instamos aos nosos gobernos -a todos- a poñerse a traballar de inmediato con programas e accións concretas, con políticas decididas de Prevención e Educación. A saúde e a seguridade das persoas deben ser unha prioridade.


Pola outra parte, en Galicia seguen a confluír os problemas de adicción as drogas xunto coa existencia de importantes redes criminais dedicadas ao narcotráfico. No actual escenario de sobreprodución mundial, traficantes de medio mundo seguen tendo a Galicia na súa diana e miles de quilos seguen entrando polas nosas costas a Europa.


Neste contexto, o rexeitamento social é un factor de suma importancia e no que Galicia -co esforzo de todos e o sufrimento de moitos- comeza a ser un referente. Atrás quedan os tempos nos que o narcotráfico contaminaba a toda a sociedade.


Nesta terra sabemos desde fai moito tempo que os narcotraficantes non son heroes, nin filántropos, senón delincuentes rexeitados pola sociedade galega. Sen dúbida que temos avanzado, pero non é suficiente. Se queremos realmente mellorar as cousas, temos que ir máis adiante.


Seguemos a ollar con máxima preocupación a reiteración no delito de moitos traficantes, criminais multirreincidentes, que unha e outra vez entran e saen do cárcere aproveitando facilidades legais para seguir traficando coa morte e a ruína das persoas. E traspasando este sinistro negocio de pais a fillos, e de fillos a netos. Porque a pesar dos pesares, parece que a algúns aínda lles sae beneficioso. Intolerable. Un grave perigo para a nosa seguridade que non debemos nin podemos permitir.


Crime organizado, axustes de contas, branqueo de capitais, corrupción, mafias internacionais, terrorismo, morte, destrución, sufrimento... aséntanse alí onde prospera o narcotráfico. Combater esta ameaza debe ter a máxima prioridade para todos, sociedade e gobernos.


Por todo iso, dicimos unha vez máis -alto e claro- que en Galicia non queremos drogas nin narcotraficantes.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones