Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Diversión e innovación para achegar a natureza aos nenos e nenas dos campamentos de verán do Rosal

O Concello destaca a grande acollida das actividades organizadas para as 100 rapazas e rapaces participantes

O Concello destaca a grande acollida das actividades organizadas para as 100 rapazas e rapaces participantes

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Coñecer un pouco máis a natureza dun xeito ameno, innovador e divertido. Ese era un dos obxectivos dos campamentos municipais de verán no Rosal, nos que arredor de 100 nenos e nenas “puideron desfrutar dunha alternativa de lecer lúdica e educativa durante as súas vacacións estivais ao tempo que se favorecía a conciliación familiar e laboral aos rosaleiros e rosaleiras”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O Concello destaca a grande acollida das actividades organizadas ao longos dos meses de xullo e agosto ao abeiro dos campamentos, que tiñan como temática central os animais e no que rapaces e rapazas xogaban o papel de observadores. “Grazas a esta dinámica, cada semana as e os participantes investigaban sobre un diferente e, tras pasar varias probas, ao final da semana incluían un novo insecto nun mural conxunto. Un xeito diferente e moi divertido de seguir aprendendo ao tempo que desfrutan do seu lecer”, salienta a rexedora.

Entre as actividades desenvolvidas este verán dentro dos campamentos, os nenos e nenas gozaron especialmente coa festa de disfraces, coas festas de auga e de pixamas, cos xogos tradicionais ou co seu propio concurso Got talent. Tamén tivo grande éxito entre todos eles e elas os talleres de galletas e limoada, as sesións de ioga, os xogos musicais, as xincanas e retos e as visitas como ‘Baisenpulgas’, ‘Ti es un bo peixe’, ‘DGT’ e ‘Fai click ao teu bocata’. Ademais, durante os campamentos fixéronse varias saídas á contorna como ao parque do Sobreiral, ás Aceñas, aos muíños do Folón, ao velódromo, aos ríos Urgal e Padín, ao parque de Pías e á praia de Eiras.

En definitiva, dous meses de “xogos e saídas didácticas combinadas con actividades creativas cos que espertar a curiosidade dos nenos e nenas e darlles a coñecer un pouquiño máis sobre o seu concello. Para nós é un orgullo velos a todos desfrutar e con ganas de repetir na vindeira edición”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí