Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

DOBLE CONCERTO NA GUARDA HOXE VENRES 26 DENTRO DO CICLO GALICIA É MÚSICA

Este ano 2011 foi declarado pola Xunta de Galicia como Ano da Música co propósito de render unha homenaxe á nosa música e á nosa industria musical e ampliar a súa difusión.

Fecha: 26 de Agosto de 2011

Fuente: www.aguarda.es

ODAIKO Y ALO DJANGO

 

Lugar: Auditorio de San Bieito         

Fecha: 26 de agosto

Hora: 20.00h.

 

            Este ano 2011 foi declarado pola Xunta de Galicia como Ano da Música co propósito de render unha homenaxe á nosa música e á nosa industria musical e ampliar a súa difusión. Entre as diversas actividades e programacións púxose en marcha un circuíto de música ao vivo durante os meses de verán baixo o nome GALICIA É MÚSICA,  que ten como obxectivo a promoción e descentralización da oferta musical autóctona achegando a variada oferta de grupos galegos ós concellos. Deste xeito chega a A Guarda o próximo venres 26 un doble concerto dos grupos galegos ODAIKO PERCUSSIÓN GROUP e ALÓ DJANGÓ, dúas apostas musicais diferentes e innovadoras que faran vibrar ós amantes da música:

ODAIKO PERCUSSION GROUP

            Este grupo toma o seu nome  dunha variante moi voluminosa do tambor tradicional xaponés, o "taiko" que acada o 1,2 metros de diámetro e 1,5m. de profundidade, e chega a requerir a participación de tres persoas para ser tocado.
            Os integrantes de Odaiko Percussion Group teñen importado desde Oriente un contedor de barco con ducias destes tambores tradicionais para ofrecernos esta proposta integramente percusiva na que a música contemporánea fusiónase co jazz, o flamenco, a tradición da India ou os cantos tribais que acompañan aos djembés de Senegal.

                        Se queredes saber máis, podedes escoitalos como aperitivo nestes enlaces:

 

            http://www.youtube.com/watch?v=gUpfTrkatvQ&feature=related
            www.odaiko.es           

 

ALÓ DJANGÓ

Pola otra banda, a formación Aló Django ofreceranos inscpirado nun amplo abano de xéneros musicais traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt. O show vai máis alá do estritamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.

            Esta formación repite actuación na Guarda, despois da calurosa acollida que tivo no 2009 nun concerto no Centro Cultural.

            Vos deixamos co aperitivo no seguinte enlace:

            http://www.myspace.com/alodjangoswingband

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones