Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Docencia de formación profesional para o emprego

Se vai desenvolver nas localidades de A Guarda e Lalín proporcionarase ás persoas participantes a oportunidade de obter o certificado de profesionalidade necesario para impartir formación ocupacional non regrada ou formación para o emprego.

Se vai desenvolver nas localidades de A Guarda e Lalín proporcionarase ás persoas participantes a oportunidade de obter o certificado de profesionalidade necesario para impartir formación ocupacional non regrada ou formación para o emprego.

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Enero de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

O proxecto Labora 2020 da Deputación de Pontevedra é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo para a posta en marcha de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas. Cos itinerarios de Docencia da formación profesional para o emprego que se vai desenvolver nas localidades de A Guarda e Lalín proporcionarase ás persoas participantes a oportunidade de obter o certificado de profesionalidade necesario para impartir formación ocupacional non regrada ou formación para o emprego.

 

O itinerario de Docencia que se vai desenvolver en A Guarda terá comezo o 02 de febreiro, cunha duración de 412 horas, das que 40 serán de prácticas non laborais en centros de traballo. Este itinerario formativo desenvolverase no centro de formación Informática Jaime situado na Rúa de Galicia, 37 de A Guarda.

 

Dentro do proxecto Labora 2020 está contemplada unha axuda económica para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación que se tramitará unha vez iniciado o itinerario.

 

Esta formación está dirixida a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, con titulación de bacharelato e que se atopen incluídas nalgún dos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

 

Para participar no proceso de selección é necesario facer a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482)

Para mais información pode poñerse en contacto no teléfono: 986804100 ( ext 40846) ou  no e-mail labora2020@depo.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí