Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Dous cabalgan xuntos: a fraude do PP coa Guarda

O BNG -desenmascara- ao candidato do PP e ao delegado da Xunta que desembarcaron para enganar á veciñanza

O BNG -desenmascara- ao candidato do PP e ao delegado da Xunta que desembarcaron para enganar á veciñanza

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Abril de 2023

Fuente: BNG A Guarda

O BNG da Guarda fixo público o malestar xerado en amplos sectores da  veciñanza da Guarda diante da actuación do candidato do PP á alcaldía e do delegado provincial da Xunta en Pontevedra, polo anuncio dun presunto proxecto de infraestrutura deportiva. O BNG fai fincapé en que “a xente da Guarda necesita que a Xunta de Galiza dea marcha atrás nos recortes da sanidade pública, que teñamos atención primaria en condicións e non haxa demoras co persoal médico de cabeceira nin coas persoas especialistas. Mais fronte a esta política contra a xente que precisa de atención sanitaria, o PP envía feirantes para distraer o problema: o delegado provincial do PP na Xunta e o candidato do PP Roberto Carrero  pola Guarda”.

“Ambos os dous desembarcan no noso concello como aqueles conquistadores que chegaron a Latinoamérica para nos traer dous proxectos, cheos de imaxes falsas que corresponden á Argentina e Panamá, para enredar ao pobo cos espellos e colares de cores de quen só vén a roubar o voto”, indica o BNG.

Ademais, o BNG, manifesta que “o candidato do PP, Carrero, aparece co delegado da Xunta para prometer infraestruturas deportivas, cando, non fai moito, votou en contra da reforma integral do Pavillón da Sangriña. Un concelleiro que pertence a un grupo político, que en catro anos, non presentou nin unha iniciativa diante da corporación municipal”.

“A presenza do delegado da Xunta en Pontevedra, en amor e compañía co candidato do PP, non deixa de sorprender, porque non apareceu en máis de  dous anos que leva o transbordador a Caminha parado, menos aínda, para resolver o problema da sanidade. En cambio aparece agora, como o cómplice necesario para perpetrar unha fraude contra o pobo da Guarda prometendo cousas que saben que non poden cumprir”, finaliza o BNG.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí