Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Educación flexibiliza o periodo de adaptación para o alumnado de infantil ao comezo do vindeiro curso

Na xuntanza da mesa sectorial desenvolvida esta mañá acordouse que os máis pequenos dispoñan de máis días de adaptación

O calendario escolar do curso 2020/21 aprobouse segundo a proposta presentada pola Consellería

Fecha: 17 de Junio de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O alumnado de Educación Infantil terá maior flexibilidade para incorporarse aos centros educativos ao comezo do vindeiro curso escolar. Así o acordou a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional envioulles hoxe coas organizacións sindicais na mesa sectorial desenvolvida para abordar o calendario escolar do curso 2020/21.

Así, a cativada que comece segundo ciclo de Educación Infantil disporá de máis días de adaptación, coa prolongación do período ata finais de setembro, cando estaba inicialmente previsto para dez días a partir do 10. De xeito excepcional, esta medida poderá aplicárselle tamén ao demais alumnado da etapa que o precise. Trátase así de facilitarlles a volta ás aulas aos máis pequenos, despois de seis meses distanciados da contorna escolar por mor da suspensión das clases presenciais o pasado marzo.

Na xuntanza desta mañá aprobouse o calendario escolar segundo a proposta presentada pola Consellería de Educación. Para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán o 10 de setembro de 2020 e rematarán o 22 de xuño de 2021; mentres que para os matriculados en ESO, Bacharelato, e Formación Profesional o inicio de curso será o 16 de setembro e se prolongará ata o 22 de xuño de 2021.

Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 16 de setembro de 2020 e 30 de xuño de 2021, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas. Neste caso, a Consellería comprometeuse a permitir a flexibilización do comezo de curso mediante unhas instrucións específicas.

Así mesmo establécense como períodos de vacacións Nadal (desde o 23 de decembro de 2020 ata o 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive); Entroido (os días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021) e Semana Santa (desde o 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021). Tampouco serán días lectivos os declarados festas de ámbito estatal e os festivos oficiais da Comunidade Autónoma, así como o Día do Ensino, que se celebrará o 7 de decembro de 2020.

Canto ao funcionamento dos comedores escolares dos centros públicos, en Educación Primaria funcionarán desde o 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021; e en ESO desde o 16 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí