Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

El Ayuntamiento abre una encuesta sobre participación y necesidades socioculturales en O Rosal

Se busca conocer las necesidades culturales, de ocio y de participación en el municipio

Se busca conocer las necesidades culturales, de ocio y de participación en el municipio

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Diciembre de 2023

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal está levando a cabo un Estudo de participación e necesidades culturais da veciñanza co obxectivo de coñecer as necesidades culturais, de lecer e de participación da veciñanza para facilitar a toma de decisións neste campo. Coa primeira fase xa rematada, na que se realizaron entrevistas con persoas clave, arranca agora a segunda fase para coñecer a opinión directa da veciñanza.

Tras o deseño do cuestionario, o Concello pon agora a disposición da poboación unha enquisa que poderá encherse en liña a través da páxina do Concello e á que tamén poderá accederse a través dun código QR que estará dispoñible no Concello e no comercio local. Esta enquisa tamén poderá cubrise en papel na propia Casa Consistorial ou nalgúns establecementos públicos.

A enquisa está aberta a todas aquelas persoas que viven no Rosal ou participan en actividades socioculturais no municipio e estará activa durante catro semana ou ata cando se acade a mostraxe representativa necesaria para o estudo.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, quere resaltar a importancia de coñecer a visión da veciñanza en todos os aspectos que se recollen no cuestionario para identificar as necesidades de primeira man e así poder tomar decisións máis axustadas ás demandas socioculturais de rosaleiros e rosaleiras. Dende o Concello agradécese de antemán a participación e anima á veciñanza a encher a enquisa, que non leva máis de 10 minutos.

Xa na terceira e última fase do proxecto presentarase o informe final con todos os resultados e conclusións obtidas ao longo destes meses de traballo, diferenciando ademais os resultados en función das distintas variables de interese que xurdan

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí