Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

El Partido Popular de Tui critica o cambio de ubicación do mercado dos xoves no Pleno extraordinario

O Grupo Municipal do PP lamenta que o traslado se fixese sen terse consensuado cos comerciantes e comercio local nin a adopción previa de acordo Plenario

O Grupo Municipal do PP lamenta que o traslado se fixese sen terse consensuado cos comerciantes e comercio local nin a adopción previa de acordo Plenario

Fecha: 23 de Julio de 2020

Fuente: PP de Tui

O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta que o Pleno Municipal celebrado en sesión extraordinaria no día de hoxe e que foi solicitado en conxunto co resto de grupos da oposición rematase sen un acordo plenario claro acerca da nova localización do histórico mercado semanal dos xoves.

A postura do Partido Popular no devandito Pleno foi cuestionar a nova localización por razóns tanto de fondo como formais.

No aspecto formal o cambio realizouse sen un proceso de negociación claro do goberno local tanto co sector da venda ambulante como co comercio local impoñendo unilateralmente os seus criterios.
A nova localización que supuxo un gasto importante de cartos públicos innecesarios para o erario público municipal, uns perto de 50.000 euros.
O grupo municipal popular insiste na necesidade de valorar todas as posibles localizacións deste mercado semanal que ben podería ocupar toda a zona da recentemente peonalización do paseo da corredoira contribuíndo á súa dinamización. A recente peonalización deste espazo unido ao cambio de direccións e restricións de tráfico están a acabar co comercio local no centro da nosa cidade circunstancia que implicará, senón se remedia, a desaparición dos poucos negocios que quedan.
No Pleno extraordinario púxose de manifesto que incluso os propios veciños teñen tomado a iniciativa para recoller sinaturas para solicitar que o mercado volte á localización orixinaria pois moita xente non está de acordo con esta nova situación, pola incomodidade que supón de desprazarse ata alí, a baixada das vendas, afectación ao comercio local do centro, e o desamparo do lugar en época invernal.
O portavoz municipal insistiu no feito de que o cambio de situación se fixera as costas do Pleno Municipal sustraéndolle as súas competencias ao tratarse sen dúbida dunha competencia plenaria, tal e como recolle a Ordenanza Municipal da Venda Ambulante. Ademais de realizarse sen a preceptiva comunicación por escrito aos interesados.
Tamén se criticou a asignación arbitraria dos postos incumprindo o disposto na devandita ordenanza reguladora.
Outro aspecto formal criticado polo noso Grupo no devandito Pleno extraordinario foi o custe do acondicionamento dos terreos que en parte non son de dominio público, así como a posible exención das taxas que se perciben, cuxa exención de momento non ten sustento xurídico algún.

En cuanto ás cuestións de fondo o noso Grupo Municipal referiuse á esencia do mercado tradicional dos xoves, vixente dende o século XVII, entendendo que é un elemento importante na vocación comercial de tui no que semanalmente se congregan un importante número de persoas que dinamizan de xeito importante a economía tudense.
Compartimos co colectivo de vendedores, a súa enorme preocupación pola deslocalización do mercado da súa tradicional ubicación, pois despois de tres meses de paralización da súa actividade o vendedores son reubicados nunha zona fora do centro urbano provocándolle unha diminución das súas vendas e abocándoos a unha crise definitiva dos seus negocios. Un sector que xa foi excluído ata o de agora das medidas de reactivación económica local e que agora sofren por contra esa dobre crise.
Entendemos que o mercado dos xoves xoga un importante papel dinamizador da vida comercial tudense, retroalimentándose co comercio local da zona e que alonxar o mercado do centro supón un grave erro que prexudicará a ambos sectores.

Indicar tamén que no Pleno non se permitiu a asistencia de público cuestión que foi solicitada polo conxunto dos grupos da oposición no escrito de solicitude, polo que non viamos obstáculo xurídico algún máis ben todo o contrario pois as sesións son públicas e debe motivarse convenientemente. Incluso se achegaron veciños afectado que sí querían acudir á sesión extraordinaria respectando loxicamente as medidas sanitarias oportunas para escoitar de primeira man o que alí se dicía por canto está en xogo o seu traballo e o seu xeito de gañarse a vida.
Circunstancia que entendemos como unha mostra máis de pechar as institucións aos veciños. Este feito contrasta coa actitude mostrada no eslogan da axenda cultural para este verán que publicou o Concello onde reza: "volvamos á rúa". Nembargantes, tristemente a rúa non volta ás institucións.....

Por último indicar que o noso Grupo Municipal valora muy positivamente a acción, o interese e o traballo de tódolos Grupos da Oposición neste asunto cas aportacións realizadas, as súas propostas e posicionamento neste Pleno que deixa en solitario ao grupo de goberno e as súas decisións unilaterais.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones