Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

En Viñas e Terras do Pazo diseñan a viticultura do futuro

Co apoio da startup biotecnolóxica Nostoc Biotech estanlle faendo frente, de maneira totalmente ecolóxica, a Armillaria e a diversos hongos patóxenos e plagas que atacan ós seus viñedos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Agosto de 2020

Fuente: J. Alonso / Infomiño.com

Co apoio da startup biotecnolóxica Nostoc Biotech estanlle faendo frente, de maneira totalmente ecolóxica, a Armillaria e a diversos hongos patóxenos e plagas que atacan ós seus viñedos.

A pasión de Quin pola agricultura, e en especial pola viticultura, empezou de pequeno cando ó salir da escola iba as leiras a axudar ós maiores.

Correteou entre os viñedos de Goián e As Eiras e aprendeu a inxertar, plantar, podar, como diseñar un viñedo en función das características de cada leira…

Seus maestros foron seu padriño Joaquín e os maestros viticultores das Eiras e Goián. Xente que sentía a viticultura como algo íntimo.

Eles fixeron que Quin se enamorase da viticultura.

Estes viticultores falaban coas vides, interpretaban a orografía, o chan… leían no vento e na chuvia e deixaronnos un patrimonio inmaterial e material de valor incalculable, con auténticas obras de arte en pedra: muros, latadas… que hoxe en día, lamentablemente, en muitos casos están abandonadas.

Ó largo da sua vida Quin formou parte de infinidade de proxectos relacionados coa viticultura e a agricultura e que hoxe en día ou son unha realidade ou forman parte da historia da nosa comarca.

• Vocal polo Rosal xunto con Ángel Suárez no equipo fundador da D.O. Rías Baixas.
• Socio fundador de Terras Gauda.
• Fundador de Torroxal, primeiro proxecto de tintos autóctonos do Baixo Miño baixo o amparo da D.O. Rías Baixas.
• Traballou durante varios anos na localización de cepas de Castañal e Caiño Blanco no Baixo Miño, evitando a desaparición destas variedades endémicas da Subzona de O Rosal e que xa forman parte do Banco de Xermoplasma da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.
• Fundador de Viñas e Terras do Pazo.
• Socio fundador de Pazo Valdomiño, Viveiros Río Tollo e Vivaz Plant.

 

E seu úitimo proxecto merece unha mención especial: Teimosía, no que está volcado en corpo e alma.

Este proxecto de viños tintos é xa unha realidade e está sacandoo adiante xunto con Martín Crusat de Adega do Vimbio e o enólogo francés afincado en Galicia Dominique Roujou.

O primeiro logro de Teimosía é que seus viños tintos da colleita do 2017 conseguiron, na sua primeira cata, unha puntación de 91 puntos na Lista Parker, na edición do 2020.

Conseguir máis de 90 puntos na primeira ocasión en que un viño é catado por un técnico da Lista Parker é algo solo reservado para viños excepcionales, eses que nacen para faer historia, para marcar un antes e un despois.

Falar de Quin é falar de viticultura e agricultura con maiúsculas, un referente ó que muitos viticultores e agricultores piden consello.

Faer viticultura é unha carreira de fondo na que hai que faer frente a infinidade de problemas todos os días.

A lista de enfermedades e plagas que afectan ós viñedos na D.O. Rías Baixas é cada vez máis amplia, algúns, como a Armillaria, son letais para as cepas.

E como a Quin sempre lle gustou innovar, co apoio de Nostoc Biotech e o seu Colaborador para Galicia, Benito Guerreiro, fai 2 anos empezou a faer probas no control do Fusarium, Mildiu… na sua horta e nunha leira de fabas de media ha, por aquilo de poder comer un pouco máis sano e intentar cultivar as fabas de maneira ecolóxica.

Os resultados que obtuvo foron espectaculares.

Nostoc Biotech elabora productos a partir do humus das miñocas. Básanse nas interaccións que teñen os microorganismos do chan coas plantas, utilizando esas bacterias e fungos como un método preventivo e curativo para plagas e enfermedades.

Os traballos en Viñas e Terras do Pazo están protocolizados, baixo o asesoramento dos técnicos e a experiencia de Quin, as colleitas van salindo adiante, incluso en anos coma este nos que o Mildiu atacou máis ca nunca.

Pero logo nos viñedos hai outros problemas que non teñen solución, como é o caso da Armillaria, coa que hai que convivir e o único que queda é repor as cepas que van morrendo e esperar a que o avance da Armillaria sea o máis lento posible.

Un día Benito mostroulle a Quin unhas fotos dun ensaio que fixera no Rosal, no que frenou o avance da Armillaria nunha leira de froiteiras.

E Quin tardou un pestañeo en propor un reto: faerlle frente a Armillaria que campaba as suas anchas por algún dos seus viñedos.

Foron meses de traballo, experimentando, buscando a maneira de faerlle frentre a un enemigo silencioso que cando se fai visible xa te está matando as cepas.

E cuando unha cepa enferma e empeza a morrer, as que están a seu lado serán as seguintes en cair, a Armillaria avanza silenciosa polo chan de maneira imparable.

Co paso do tempo Quin e Benito foron mirando que os resultados eran esperanzadores: cepas prácticamente mortas volvían a vida, e as que estaban a seu lado xa non eran atacadas.

Quin explica que “traballar con microorganismos non é aplicar un producto químico, é semear vida, e necesitas xerar as condicións para que eses microorganismos fungos e bacterias non morran, colonicen os viñedos e lle faian frente ós fungos patóxenos, algúns como a Armillaria, letais.”

Pasear polos viñedos de Quin e ver rodales de cepas rescatadas das garras da Armillaria é, 2 anos despois, algo normal.

Cepas que o ano pasado estaban prácticamente mortas e sin un solo cacho, este ano teñen unha caixa de uvas.

Traballar con microorganismos é regresar a sua nenez. Escoitar as cepas e a terra, en tempos convulsos, no que o cambio climático é unha realidade, é necesario volver a conectarse coa terra.

Quin está mui contento porque un problema mui grave como a Armillaria, co que levaba anos loitando, ahora mira que ten solución.

De forma paralela, en Viñas e Terras do Pazo levan feito infinidade de ensaios cos productos de Nostoc no control do Milidiu, co que están peleando pero inda non conseguiron dominar.

Están conseguindo mui bos resultados no control da Botritis e outros fungos patóxenos.

Coa ventaxa de que non ten que guardar ningún prazo de seguridade.

Non queda outra que seguir traballando e intercambiando as suas experiencias con outros viticultores.

Como así fixeron neste 2020 co propietario dun viñedo na Ribeira Sacra, que tamén ten bodega.

A este viticultor da Ribeira Sacra foille un pouco mellor no control do Milidiu e o Black rot cos productos de Nostoc e dun pequeno viñedo sacará unha serie limitada de botellas, o primeiro viño de Galicia procedente dunhas uvas tratadas solo con microorganimos, fungos e bacterias, sin usar ningún fitosanitario, nin Azufre nin Cobre.

O que Quin está faendo nos seus viñedos é regresar ó pasado para avanzar hacia un futuro sostible que xa está aquí. Unha homenaxe ós seus maestros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí