Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Enrique Cabaleiro e David Regades coinciden en que o mellor para Tui é que Gonzalo Caballero sexa presidente da xunta a partir do 12 de xullo

Unha Xunta de Galicia progresista e aliñada co municipalismo permitirá que os proxectos de desenvolvemento industrial pendentes en Tui collan velocidade, contribuíndo así a xerar emprego e oportunidades no centro da eurorrexión

Unha Xunta de Galicia progresista e aliñada co municipalismo permitirá que os proxectos de desenvolvemento industrial pendentes en Tui collan velocidade, contribuíndo así a xerar emprego e oportunidades no centro da eurorrexión

Fecha: 15 de Junio de 2020

Fuente: PSdeG-PSOE

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu a visita da candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra ás próximas Eleccións Autonómicas e do secretario xeral provincial, David Regades Fernández. Cabaleiro remarcou que o mellor para Tui é que o próximo presidente da Xunta de Galicia sexa Gonzalo Caballero.

A xuntanza produciuse no polígono industrial de Areas, onde o Concello está a impulsar unha segunda fase, para a que quere contar co apoio do Consorcio da Zona Franca, que dirixe Regades. O propio David Regades destacou que a Zona Franca pasou de ser unha institución pouco coñecida e que era vista como "un observador" a converteuse "nun axente activo do desenvolvemento industrial e social no Sur de Galicia".

O alcalde de Tui ten moi claro que o relevo na Xunta de Galicia significará o mesmo que xa significou o cambio político no propio Concello de Tui no ano 2015. Confiou en que tralos comicios do próximo mes dispoñamos dun novo Goberno galego "para levar adiante tódalas cuestións que están pendentes en Tui". O alcalde lembrou que ao igual que houbo que emprender un camiño para o desenvolvemento urbanístico da totalidade dos polígonos do municipio, agora hai tarefa por diante e que precisa dunha Xunta comprometida.

David Regades afirmou que a garantía do cambio son os nomes de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra e de Pedro Sánchez no Goberno de España. "Xa demostramos que cando chegamos ás institucións sabemos poñelas ao servizo da xente". Por tanto, concluíu que os proxectos a curto, medio e longo prazo de Tui precisan dun Goberno galego que, con Gonzalo Caballero á cabeza, aposte por xerar emprego, riqueza e ilusión "nun enclave que, como Tui, é o centro da eurorrexión e un dos pasos transfronteirizos máis utilizados de España".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones