Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Entrevista a Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal: -Nuestro gran reto es cuidar el río Miño y fomentar el desarrollo sostenible en la comarca-

En esta entrevista exclusiva para Infomiño, Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal, nos comparte su visión sobre los principales retos de la comarca del Baixo Miño, los proyectos que está liderando y su compromiso con la sostenibilidad y el bienestar soci

En esta entrevista exclusiva para Infomiño, Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal, nos comparte su visión sobre los principales retos de la comarca del Baixo Miño, los proyectos que está liderando y su compromiso con la sostenibilidad y el bienestar soci

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Febrero de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

Infomiño tiene el placer de presentar esta entrevista exclusiva con Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal, enmarcada dentro de nuestra serie de entrevistas a alcaldes y alcaldesas de la comarca y alrededores. Con una trayectoria de trabajo comprometido con el desarrollo y la mejora de la calidad de vida de sus vecinos, Ánxela nos habla de los desafíos más importantes que enfrenta la comarca, así como de los logros que han transformado la vida en el municipio.

1. ¿Cuál considera que es el principal reto que enfrenta la comarca del Baixo Miño en la actualidad?

Un dos grandes retos que afronta a Comarca é a realidade do Río Miño, a súa saúde, o seu coidado, o seu gran valor natural, paisaxístico, social, económico, de turismo sostible, de unión entre os nosos pobos dunha e da outra beira. O Miño para as persoas que vivimos na raia é parte da nosa historia, da nosa vida diaria, do presente e do futuro da nosa veciñanza. Estudos recentes amosan que o 45% da mobilidade total da fronteira entre o Estado Español e o Portugués prodúcese na nosa fronteira, nas nosas pontes. Iso dá unha idea da relevancia que ten traballar no seu futuro. Pódese decir que o río máis importante de Galicia leva anos sen ningún tipo de estratexia de coidado medioambiental ou saneamento integral por parte das entidades supramunicipais competentes, nin da Xunta de Galicia, nin dos Estados. Para nós o Miño é o noso gran pulmón verde, que vertebra o valor paisaxístico, natural e de estratexia de mobilidade sostible que se extende a través do seu afluente, o Río Carballas.

2. ¿Qué proyectos o iniciativas intermunicipales considera más urgentes para mejorar la calidad de vida en la comarca?

Proxectos que camiñen na mellora do benestar, dos servizos da veciñanza, poñendo no centro as persoas. Temos o exemplo do avance que está a supoñer o servizo da Atención Temperá mancomunado. A mobilidade segura e sostible entre a nosa cidadanía, a aposta por proxectos conxuntos que favorecen a potenciación dos nosos valores naturais ou humanos converténdonos en referentes de inclusión na accesibilidade para todas as persoas, como pode ser o observatorio de aves accesible no que estamos a traballar para fomentar o gran valor e desfrute da nosa natureza e a ornitoloxía. Por outra banda, temos a responsabilidade de seguir a defender e loitar por unha Sanidade Pública de calidade no rural, por unha mellora do transporte público e pola vellez digna. Servizos públicos autonómicos que levan anos de recortes por parte da Xunta de Galicia e que afectan directamente na calidade de vida da veciñanza da comarca.

3. ¿Cómo evalúa el trabajo conjunto entre los municipios de la comarca para impulsar el desarrollo económico y turístico?

Na cuestión do desenvolvemento económico penso que temos un gran horizonte de traballo por diante. Seguir a traballar arreo para conseguir a implicación das entidades supramunicipais no relativo á necesidade de solo industrial cun parque empresarial que permita un maior asentamento poboacional fomentando os sectores estratéxicos vencellados ao sector primario, servizos e industrial co gran equilibrio preciso en termos de sostibilidade ambiental para manter o valor natural e medioambiental do noso territorio co incremento das oportunidades para o desenvolvemento de traballo futuro preto da casa. O traballo da estratexia Turística que desenvolvemos vai máis alá da Comarca, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e a Estratexia de Galicia Suroeste. Vimos de acreditar en Fitur como toda a nosa área ten unha gran valoración en termos de natureza, patrimonio e calidade humana que busca atraer un Turismo que valore o paisaxismo e o respecto polo medio natural, a tranquilidade, a boa gastronomía e a calidade do produto. Dentro do GDR atopámonos os concellos da Comarca do Baixo Miño, onde sumamos un gran atractivo a toda esa estratexia polo valor que suma o feito de sermos transfronteirizos e o valor natural que aporta o Miño. Imos ser, de feito, un dos eixos importantes para traballar na consecución conxunta de sermos Reserva da Biosfera.

4. ¿Qué importancia tiene para usted la cooperación con otras comarcas y entidades regionales?

Fundamental sempre a cooperación comarcal e supramunicipal para avanzar colectivamente na mellora da vida das persoas. Gustaríame exemplificalo na relevancia que ten o traballo conxunto no camiño que comezamos a construír coa Eurocidade da Foz do Miño. Levamos pouco tempo e aínda non estamos formalmente constituídos mais xa fomos quen por primeira vez de realizar iniciativas innovadoras como as primeiras xornadas musicais para instrumentistas dirixidas ás Escolas de Música das nosas agrupacións musicais, onde se forman centos de nenos e nenas. Tivemos o primeiro concerto transfronteirizo na historia das nosas bandas de música: Lanhelas, A Guarda e O Rosal. A cooperación conxunta progresiva pode favorecer a consolidación de iniciativas coma esta e de novas iniciativas e a consecución de financiamento europeo transfronteirizo que favoreza ás veciñas e veciños.

5. ¿Cómo ve la sostenibilidad y la protección del medio ambiente en el futuro de la comarca?

Desde o punto de vista do goberno do Rosal, estamos a desenvolver unha estratexia importante de sostibilidade ambiental e transformación enerxética, sendo exemplo coa transformación do consumo a enerxías renovables de todas as instalación municipais, co gran exemplo da reforma integral progresiva das nosas escolas unitarias con criterios de eficiencia enerxética apostando pola calidade dun modelo de Educación de proximidade diferenciador e de convivencia veciñal nos diferente barrios ou sendo pioneiros converténdonos no primeiro Concello de toda Galicia en mudar a contaminación do Caucho dos Campos de fútbol co primeiro Campo de fútbol de herba artificial con recheo ecolóxico. Vimos de dar un paso moi importante e que pode marcar tamén un punto de inflexión na comarca coa creación da Oficina da Enerxía e o traballo na creación de Comunidades enerxéticas locais en colaboración coa propia Universidade de Vigo. A enerxía é un dos custos fixos máis importantes para as familias e que vimos como volveu aumentar neste comezo do 2025. Temos o gran reto por diante de que a veciñanza do Rosal sexa un exemplo colectivo de Concello do rural galego comprometido cun consumo enerxético renovable sostible unido a un maior aforro na factura da luz.

Sobre O Rosal:

6. O Rosal tiene una gran riqueza natural y paisajística. ¿Qué iniciativas se están llevando a cabo para potenciar este aspecto como recurso turístico?

Deseñamos una estratexia de accións para potenciar progresivamente o noso gran valor natural e paisaxístico que está sendo un éxito: As Andainas interpretativas que fomentan o sendeirismo de natureza co coñecemento do noso valor patrimonial, andainas vencelladas á ornitoloxía, o sendeirismo adaptado coa “joelette” e once rutas de sendeirismo para coñecer todo o noso gran valor natural e patrimonial dispoñibles na web do Concello, iniciativas como a construción de hoteis de insectos, a potenciación dos Muíños do Folón e do Picón coas rutas guiadas ou as xa consolidadas actividades de deporte de natureza como o Trail dos Muíños do Folón ou a 15k. Ademais, recuperamos espazos de convivencia para as persoas  cos ecoparques con referentes como a Explanada do Horizonte ou a Praza do Calvario. En marcha tamén temos o Obradoiro de emprego “O noso Patrimonio” para traballar na conservación no entorno dos Muíños do Folón e do Picón e nunha nova senda que conecta coa nosa zona de costa.

7. En cuanto a la agricultura, ¿cuáles son las líneas de apoyo que su administración ofrece a los pequeños productores del municipio?

Ben é certo que aínda que a competencia en termos de desenvolvemento agrícola é autonómica, o Concello ven de facer recentemente un esforzo importante para dar resposta a unha das necesidades máis relevantes para o sector e os pequenos produtores, a falta de man de obra formada e cualificada. Para elo, realizamos un Obradoiro de emprego, o Agroemprega, co que demos resposta a esta gran demanda por parte do sector. Ademais, temos no mercado municipal, unha das pequenas cooperativas agrarias ecolóxicas que xermolou nestes anos, o Alcouve da Moura. Adicionalmente á consolidada Feira do Viño, impulsamos fai uns anos a Feira do Produto co obxectivo de que os pequenos produtores do Rosal dean a coñecer e promovan as súas iniciativas entre Rosaleiros e visitantes. Un dos grandes retos que temos por diante en Galicia é a xestión da dispersión co minifundismo e o relevo xeracional. Cremos que son precisas accións supramunicipais de calado neste sentido tomando en serio iniciativas como podería ser a creación dun banco de terras que permitise agrupar e poñer a producir a terra.

8. ¿Qué papel tiene O Rosal en la estrategia comarcal de conectividad digital y modernización de servicios, formación en nuevas tecnologías…?

Vimos de trasnformar case o 100% dun dos servizos esenciais do Concello, o alumeado público, implementando a dixitalización e telexestión do mesmo, supoñendo ademais un aforro enerxético que acadrá un 70%. Cando entramos no goberno no 2019 incorporamos a comunicación diaria coa veciñanza da actividade do Concello con novas diarias e cunha nova páxina web, ademais das redes sociais. Vimos de establecer recentemente unha nova Canle de Whatssap do Concello. Levamos feito diversos cursos de dixitalización e novas tecnoloxías a través de asociacións como por exemplo a asociación de maiores coa Universidade de Vigo ou a Subdelegación do goberno. Exercemos unha loita insistente e persistente desde o Concello na expansión da fibra diante das empresas adxudicatarias de competencia supramunicipal que facilitou que no Rosal teñamos xa Fibra en máis do 90% das vivendas.

9. ¿Cómo está trabajando el Concello para mejorar los servicios públicos a los ciudadanos, como la educación, la sanidad, el saneamiento o infraestructuras clave?

No eido educativo coa reforma integral progresiva das Escolas Unitarsia: reformamos xa a Escola de Pías, a Escola das Eiras, a Escola de Tabagón, que se converteu na Sede do CRA María Zambrano e na Biblioteca, e a Casa-Escola de Fornelos que acabamos de inaugurar e que vai ter un uso compartido entre a veciñanza da xuradía e o eido educativo. Mentres vemos como a Xunta, que é a competente en Educación, ten pechado en moitos lugares de Galicia o modelo de Escoas rurais, desde o Concello estamos a desenvolver un sobreesforzo importante para o seu mantemento e crecemento. Desde o Concello tamén fomentamos colaboracións e programas específicos cos centros educativos relacionados coa igualdade e o benestar, así como actividades complementarias como por exemplo os venres rebuldeiros na Biblioteca Municipal.

No relativo a sanidade, desde o Concello acabamos de mercar unha parcela de case 1.600 metros cadrados situada en fronte ao Centro de Saúde actual para cederlla á Consellería de Sanidade coa idea de que poida dispoñer da mesma para a construción dun novo centro de saúde e de calquera dotación sanitaria que sexa necesaria para a comarca. Ademais, seguimos a demandar á Xunta de Galicia que cubra a praza do cuarto médico/a que nos corresponde, cuestionamos a súa decisión de ter o consultorio de San Miguel pechado e a situación de non substitución do persoal sanitario cando se producen baixas ou durante o período de vacacións, entre outras cuestións. Neste 2025 desde o Concello imos promover a Escola de Saúde.

Ademais da renovación progresiva do saneamento, estamos a traballar para dar resposta paulatina na xestión das augas residuais a aquelas poucas zonas que non teñen saneamento no Rosal. Sumado á gran transformación en termos de calidade na convivencia que supuxo a nova Praza do Calvario, estamos a transformar progresivamente a mobilidade segura dos diferentes barrios con obras de calado como a transformación da Estrada Tabagón-As Eiras coa senda ou a reforma progresiva de entornos de convivencia nos diferentes barrios, desde a Casa Escola de Fornelos, a Cantina de Novás, a Escola das Eiras e a contorna da súa Igrexa, entre outras. Temos por diante consolidar unha gran transformación en termos de infraestruturas no benestar social no relativo á modernización, dixitalización, eficiencia enerxética, accesibilidade e confort de reformas en curso e nas que este ano 2025 é clave. Refírome á gran transformación do Campo de Fútbol da Mata, do Pavillón Municipal ou do noso auditorio para garantir e consolidar a actividade do Conservatorio Profesional de Música. Falamos dunha gran aposta pola calidade de vida de moitos veciños e veciñas e especialmente de centos de rapaces e rapazas que practican deporte e música.

10. ¿Qué proyectos culturales o de integración social están en marcha o en previsión para O Rosal?

Aspiramos desde a nosa humildade a ser referentes en dinamismo social, con actividade para toda a diversidade da nosa veciñanza. Nestes anos fomos sumando moito con este propósito. Temos a axenda cultural nos barrios, O Rosal Cámara Fest, Feira do Viño, Festa do Verán do Pilar, Festa do Outono, novos Obradoiros de Xuventude, Tardeos na Praza, Venres rebuldeiros, Cafés en Igualdade, Espazo Crianza, Cultivando Coidados, a nova Escola da Saúde, todas as actividades vencelladas ao medio ambiente e o deporte de natureza xa comentadas. No Rosal destaca adicionalmente o gran traballo de colaboración continua con todas as asociacións culturais, deportivas e veciñais que tamén son parte relevante da dinamización conxunta. Tamén facemos un traballo transversal na solidariedade a través de colaboracións con asociacións que traballan comarcalmente no eido socio-sanitario nas diferentes actividades.

Preguntas personales:

11. ¿Qué le motivó a entrar en la política y ser alcaldesa de O Rosal?

Traballar pola mellora da calidade de vida, da realidade das veciñas e veciños, ás que lle teño o meu respecto e agarimo máis absoluto. Desde a humildade e o sentido da responsabilidade, poñer todo o meu coñecemento, esforzo, sacrificio e preparación ao traballo do proxecto colectivo do Rosal.

12. Si tuviera que destacar un logro de su mandato que le enorgullezca especialmente, ¿cuál sería?

Todos aqueles proxectos que nos fan avanzar socialmente, que nos fan convivir máis, mellor e de xeito máis seguro, que nos fan ser referentes en dinamismo social, en sostibilidade, en benestar social, en servizos. Desde os proxectos máis pequenos aos que supoñen grandes reformas. Todos son importantes para a mellora do Rosal e para que moitas persoas elixan desenvolver o seu proxecto de vida no Rosal, tal e como amosa que fósemos o segundo concello da Provincia de Pontevedra que máis medrou en poboación nos últimos tres anos segundo o INE.

13. ¿Cómo equilibra su vida personal con las responsabilidades que conlleva ser alcaldesa?

Nestes cinco anos aprendo cada día da importancia do equilibrio. O equilibrio é sempre fundamental en calquera traballo e adicación para sacar o mellor de nós mesmas aínda que non sexa sinxelo. Para min é fundamental sentirme tan ben acompañada pola calidade humana e de implicación do equipo de goberno que encabezo e tamén polas persoas que me acompañan no persoal.

14. ¿Qué le gusta hacer en su tiempo libre cuando no está trabajando en su labor política?

Gústame facer deporte, vaime moi ben facer “spinning”, ensaiar coa banda de música, ver series e son un pouco “friki” do ensaio e a investigación económica.

15. ¿Cómo le gustaría ser recordada por los vecinos de O Rosal cuando termine su mandato?

Desde a humildade, coido que iso correspóndelle dicilo aos veciños e veciñas e non a min ?. O que máis me gusta é a humanidade da miña adicación, o contacto directo coa veciñanza, a proximidade, a oportunidade de poder falar a todas horas, en calquera lugar e directamente coas persoas e a capacidade desde a política local de mellorar a vida das persoas en cada pequena acción.  

 

Agradecemos a Ánxela Fernández, alcaldesa de O Rosal, por su tiempo y por compartir con nosotros su visión y compromiso con el desarrollo de su municipio y la comarca del Baixo Miño.

Desde Infomiño, seguiremos publicando próximamente más entrevistas con los alcaldes y alcaldesas de la comarca y alrededores, ofreciendo una visión única sobre los proyectos, retos y logros que están marcando el futuro de nuestras comunidades.

¡No te lo pierdas!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí