Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ENTREVISTA A IVÁN DIEGO MARTÍNEZ - NOVO PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE O ROSAL

Iván Diego, respóstanos a algunhas preguntas

Fecha: 23 de Mayo de 2012

Fuente: Infomiño.com

1. Datos personais:Iván Diego, respóstanos a algunhas preguntas

 
Iván Diego Martínez, 24 anos. Nacido no Rosal

2. ¿Dende qué ano formas parte da Agrupación Musical de O Rosal?


Como músico dende o ano 1998 e como directivo dende o 27 de abril do 2008

3. ¿Qué instrumento/s tocas na Agrupación Musical de O Rosal?


A trompeta

4. ¿Cando xurde a idea de presentarte como Presidente da Agrupación Musical de O Rosal?


Durante o último ano Suso (Ex-presidente) xa me viña comentando que quería que fose eu o encargado de asumir a presidencia da Agrupación, xa que hai que dar paso a xente nova, e que me vía capacitado para iso.


5. ¿Quen te apoiou para encabezar esta nova Xunta Directiva?


Toda a xunta directiva, pero sobre todo os meus amigos dentro da Banda de Música.

6. ¿Qué proxectos tedes previsto por en marcha dende a nova Xunta Directiva para este año 2012?


Pois tíñamos previsto realizar un viaxe a Fuerteventura, Canarias pero por falta de presuposto non o puidemos levar adiante. Unha pena ter que rexeitar a invitación, era unha oportunidade única para os músicos xa que se actuaría en dous festivais con outras bandas da península e da propia illa. No demais, continuar co que se viña facendo estes últimos anos, Festival de Músicos Xoves, Festival Folk, Serán, etc. Xa no mes de setembro tentaremos falar co CPI Manuel Suárez Marquier co fin de organizar conxuntamente uns concertos didácticos, para atraer nenos á escola de música. Tamén estamos estudando a posibilidade editar un novo CD.

7. ¿Cantos socios ten actualmente a Agrupación Musical de O Rosal? e ¿Cantos músicos?


233 socios, 230 alumnos e a banda 76 músicos

8. ¿Cal consideras que é o maior hito ou mellor premio que ten recibido ata agora a Agrupación Musical de O Rosal?


Pois os numerosos premios conseguidos, tanto en Galicia como no resto de España. Se hai que quedarse con algún, ese é o 1º Premio acadado no 2003 na Praza de Touros de Valencia ou o mais recente o pasado novembro no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

9. ¿Qué presupuesto tiene la Agrupación Musical de O Rosal para este año 2012? ¿Cómo se mantiene económicamente la Agrupación Musical de O Rosal y en qué se invierte la mayor parte del dinero?


O presuposto anual está arredor dos 150.000,00 eur. A agrupación sostense coas aportacións das cotas de socios, os importes que abonan os alumnos polas clases e con subvencións que se reciben do Concello do Rosal, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Fundación O Rosal, Comunidade de Montes de Sta. Mariña do Rosal e aportacións doutras entidades privadas.
A maior parte do presuposto, sobre un 60% vai destinado para o profesorado, que está formado por 20 profesores.

10. Alguna frase ou agradecemento no que queras mostrar o teu apoio á banda ou que defina a túa liña de traballo a seguir como novo presidente.


Que o temos que seguir facendo polo menos igual de ben que nestes 26 anos que leva de vida a Agrupación. Logo, pedir a máxima colaboración xa que cada vez a Agrupación faise mais grande, empezouse tendo solo a banda e agora contamos coa escola de música para nenos dende 4 anos, con varias corais, banda infantil, grupos de cámara, grupos de música tradicional, etc. E por último como ben di o Vicepresidente Antonio Granja, "O tempo pasa, pero a música queda no pobo".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones