Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Entrevista a Javier Otero Neira: -A música por auriculares permíteche escoitar coma se estivese dentro de ti-

O pianista galego achega o 5 de setembro á Guarda o seu innovador proxecto -WIFI - Escoitando o silencio-, un concerto único no que a música se vive en liberdade, en plena natureza e a través de auriculares.

O pianista galego achega o 5 de setembro á Guarda o seu innovador proxecto -WIFI - Escoitando o silencio-, un concerto único no que a música se vive en liberdade, en plena natureza e a través de auriculares.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Septiembre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

Este venres 5 de setembro ás 20:00 horas, as Docas do Pasaxe acollerán un concerto diferente. O pianista Javier Otero Neira presentará o seu proxecto “WIFI – Escoitando o silencio”, unha proposta que combina música, natureza e tecnoloxía. A través dunha rede sen fíos, o público poderá escoitar a interpretación ao piano mediante auriculares, gozando dunha experiencia íntima e inmersiva en plena beira do Miño, con vistas a Portugal.

Con motivo da súa actuación en A Guarda, dende Infomiño.com conversamos con Otero Neira para coñecer máis sobre esta fórmula que está a revolucionar o xeito de vivir a música en directo.

1. ¿Cómo naceu a idea dos concertos “WIFI – Escoitando o silencio”?

No ano 2018, a través de Yamaha, puiden ver este tipo de experiencias noutras partes de Europa, pero nunca antes se fixeran na Península Ibérica. Ademáis do custo, o precisas un equipo específico e un piano especial para estes concertos fai que sexa máis complicado. Pero dende sempre, tiven claro que quería levar estes concertos a espazos diferentes, que se puidera escoitar música fora dos auditorios, como estamos acostumados no mundo da música “Clásica”. Por iso, o xuntar estas dúas tecnoloxías, fomos capaces de levalos a cabo na Estrada, en Compostela e en Soutomaior ata o de agora.

2. Que sente un espectador ao escoitar música en directo por auriculares? É máis íntima, máis inmersiva?

Hai que dicir que non son uns auriculares ao uso, pois reciben o son a través dunha rede wifi específica. Ademáis, o que o fai máis diferente é que o espectador escoita a música dende o punto de vista do pianista, non coma se estivese no público. Nos concertos acústicos, o piano está aberto e a tapa axuda a que o son vaia cara o público. Por iso, os pianistas nos concertos non escoitamos exactamente o mesmo que o público.

Van sentir que son eles mesmos os que “tocan o piano”.

3. Os concertos celébranse en lugares singulares, como as Docas do Pasaxe na Guarda. Que aporta o entorno á experiencia musical?

Poder realizar un concerto deste tipo nun entorno preto do río, ca xente ao teu carón, paseando ou sentada aporta unha cercanía moi importante co músico.

Os entornos naturais, preto de núcleos urbáns, fan que a experiencia sexa totalmente singular, pois sólo as persoas que teñan os auriculares, escoitarán a música, no medio do resto da xente.

4. A súa carreira combina música clásica e experimental. Que ten de cada mundo este proxecto?

Sempre digo que eu son un pianista de educación clásica, á cal non renuncio, pero con moitas ganas de descubrir as cousas que se están a facer noutros campos non só musicais, senón artísticos. Neste caso, interpretar música miña para piano e electrónica, mestura a miña educación clásica co meu espíritu experimental.

5. É necesaria formación musical para gozar da experiencia, ou está pensada para todo tipo de público?

Para mín, non é preciso ter formación musical para asistir a un concerto, igual que un non ten porqué saber moito da pintura do barroco e disfrutar do Museo do Prado. Trátase de gozar de esta experiencia, sen poñerse límites a un mesmo, haberá músicas que lles gusten, e outras que non, pero sempre ca intención de emocionar ao público. Eu hai concertos que asisto como público que disfruto moito, e noutros, nos que aos vinte minutos, estou aburrido. Espero que neste caso, non suceda co público!

6. Como pianista con traxectoria internacional, que supón para vostede actuar en vilas pequenas coma A Guarda, diante dun público tan próximo?

Cando tes a oportunidade de tocar para un público dun xento tan próximo, sentes moitos máis nervios, pois non estás protexido por un gran escenario, pero a mín non me gusta a distancia co público, tento sempre que se sintan parte da experiencia, pois sen eles, non tería sentido.

7. O proxecto leva por título “Escoitando o silencio”. Que significa para vostede esa idea do silencio na música?

Sen silencio, non habería música, e ao revés. Nos concertos, os que fago en acústico, os momentos máis bonitos son cando un está tocando, para, e é capaz de escoitar o silencio, hai unha emoción que é difícil describir, pero síntese. Neste caso, dende eu ata o público, todos teremos os auriculares, e estaremos na mesma sintonía.

8. De cara ao futuro, ten previsto levar este formato a outros escenarios ou experimentar con outros instrumentos/colaboracións?

Este formato sempre teño intención de levalo a lugares diferentes, e moi variados. Dende logo que foi unha oportunidade moi fermosa facelo na Guarda, porque ademáis, é a primeira vez na miña carreira que toco nesta vila

9. Para rematar: que lle diría a alguén que nunca asistiu a un concerto deste tipo para que non perda a cita deste venres na Guarda?

Que veña, que o probe, que disfrute desta experiencia tan diferente, que aproveite a oportunidade de poder camiñar con música en directo, ou simplemente, sentarse ao carón do Miño, que se poda mover como lle apeteza. É unha experiencia que hai que vivila unha vez na vida!

Ficha do concerto:

  •  Venres, 5 de setembro

  •  20:00 h

  •  Docas do Pasaxe, A Guarda

  • Inscrición previa no Centro Cultural (986 61 18 50, de 9:00 a 14:00 h)

  •  En caso de mal tempo, trasladarase ao Centro Cultural da Guarda

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí