Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Entrevista a Rosalía Quiroga e Eire Cid: O impacto de -A Moza que Abortou e o Contou-

As directoras Rosalía Quiroga e Eire Cid reflexionan sobre o proceso creativo da súa webserie, os retos do cinema independente e o impacto social de A Moza que Abortou e o Contou.

As directoras Rosalía Quiroga e Eire Cid reflexionan sobre o proceso creativo da súa webserie, os retos do cinema independente e o impacto social de A Moza que Abortou e o Contou.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Febrero de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

As directoras galegas Rosalía Quiroga e Eire Cid levaron a súa innovadora webserie A Moza que Abortou e o Contou a Filmin, unha produción que gañou o premio a Mellor Proxecto de Serie Web no festival Carballo Interplay, permitindo a súa realización. Agora, a serie foi presentada como candidata nos Premios Mestre Mateo 2025, cuxa lista de nominacións anunciarase o 6 de febreiro.

Rosalía Quiroga (A Guarda, 1993) é xornalista, fotógrafa e comunicadora. Formada en Compostela e Chile, traballou en diversas producións audiovisuais e en 2022 recibiu o Premio Xohana Torres polo seu documental Mal Olladas.

Eire Cid (Vigo, 1991) é guionista, directora e Doutora en Comunicación. Actualmente, desenvolve un concurso para a plataforma AGalega e traballa na produción da súa primeira longametraxe, Os reis imaxinarios, ambos proxectos producidos por Brava.

Nesta entrevista, falamos con elas sobre o proceso creativo da serie, os retos do cinema independente e o futuro do audiovisual galego.

1. A Moza que Abortou e o Contou tivo unha gran acollida en festivais e agora chega a Filmin. Como foi o camiño ata aquí para ambas?

Foi un camiño longo e de moitísimo traballo, xa que contamos cun orzamento moi reducido. Pero tivemos a inmensa sorte de rodearnos dun equipo que se implicou desde o comezo, ademais de ter a oportunidade de crear entre amigas.

2. A serie presenta unha narrativa innovadora en formato vertical e falso documental. Por que decidistes apostar por este estilo visual e narrativo?

Críamos que a mellor maneira de achegarnos aos debates e contradicións que esperta o tema do aborto era a través dunha mirada o máis desprovista posible de prexuízos. Aldara, a irmá pequena, funciona como este axente testemuñal e era evidente que ela gravaría co seu teléfono, usando filtros ou sobreescribindo imaxes, facendo partícipe ao espectador da súa mirada.

3. O tema do aborto segue sendo tabú en moitas sociedades. Como foi a reacción do público ante esta historia e que impacto esperabades xerar coa serie?

Máis que tabú, o aborto é un dereito en constante disputa entre o ultraconservadurismo, que quere controlar os corpos xestantes, e a defensa da súa autonomía. Vemos que segue pendendo dun fío, incluso en territorios onde pensamos que está asegurado. A nosa intención era chamar a atención sobre a necesidade de defendérmonos ante o retroceso de dereitos. Aínda estamos comezando a recibir reaccións, pero algunhas persoas xa nos expresaron que se sentiron identificadas coa historia.

4. Gran parte do impacto da serie recae na crueza e realismo dos diálogos. Como foi o proceso de escritura do guión e como traballastes xuntas neste aspecto?

Foi un proceso moi divertido. Gústanos traballar xuntas e, aínda que ás veces isto retarde o proceso, tamén o enriquece. Foron xornadas moi longas de traballo e o guión estivo en constante revisión ata a gravación. A interpretación dos personaxes acabou por darlle consistencia.

5. Sabemos que a rodaxe se levou a cabo en Vigo e Baiona. Que retos enfrontastes durante a gravación e como foi a experiencia de filmar nestas localizacións?

Definitivamente, o maior reto foi o orzamento, que nos limitou no número de localizacións e no tempo de rodaxe.

6. A Moza que Abortou e o Contou gañou o premio a Mellor Proxecto en Carballo Interplay e agora é candidata aos Premios Mestre Mateo 2025. Que significa esta posibilidade para vós e para o equipo?

Primeiro de todo, a posibilidade de levalo a cabo, xa que a webserie foi realizada integramente co Premio a Proxecto do Carballo Interplay. Tamén a oportunidade de visibilidade e de crear sinerxías, xa que grazas a este proxecto coñecemos e formamos un equipo incrible ao que estamos moi agradecidas.

7. Brava, a produtora que coproduce a serie, impulsou varios proxectos innovadores no audiovisual galego. Como foi traballar con elas neste proceso e que achegou Brava ao proxecto?

Sen Brava, non sabemos se este proxecto podería terse levado a cabo. Foron imprescindibles desde a preprodución ata agora mesmo, e o seu acompañamento posibilitou infinidade de tarefas. Brava achegou viabilidade, calma e amizade.

8. Rosalía, en 2022 gañaches o Premio Xohana Torres con Mal Olladas. Eire, Creadora de series como Monstras (2020), ten varios recoñecementos no territorio galego e actualmente traballa en diversos proxectos con Brava. Como evolucionou a vosa ollada como directoras desde eses proxectos ata esta webserie?

Cada novo proxecto achega coñecemento e experiencia. Quizais o máis destacable foi o que significou traballar cun equipo tan grande e todo o que aprendemos da profesionalidade e experiencia ds compañeirs.

9. O cinema independente enfronta moitos desafíos, desde o financiamento ata a distribución. Como foi o voso proceso para levar esta serie a unha plataforma como Filmin?

Foi un proceso de moitísimo traballo, de erros e aprendizaxes. Sen o traballo de Brava, que se encargou da distribución, non o teriamos conseguido.

10. Que consello daríades ás novas cineastas que queren contar historias arriscadas e necesarias como a vosa?

É difícil dar consellos cando sabemos que o problema non é a falta de talento nin de boas ideas, senón a falta de financiamento, axudas públicas e oportunidades. Quizais o que podemos resaltar da nosa experiencia é a importancia de rodearse de equipos que sumen e acompañen, e non que resten ou freen.

11. Por último, que novos proxectos tedes no horizonte? Veremos máis traballos vosos proximamente?

Hai novos proxectos dos que aínda non podemos falar, pero que aseguramos que continuarán insistindo na necesidade de defender dereitos para todes.

Con este estilo innovador e a capacidade para abordar temas sociais con profundidade, A Moza que Abortou e o Contou consolídase como unha das producións máis destacadas do ano. A serie xa está dispoñible en Filmin, lista para conquistar novos espectadores. Non vola perdades!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí