Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ENTREVISTA A VERÓNICA BOQUETE DO TOMIÑO FC FEMENINO

Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago é unha das mellores xogadoras do fútbol femenino nacional na máxima categoría

Fecha: 13 de Octubre de 2010

Fuente: www.tomiñofc.es / Rubén Casale

VERONICA BOQUETE TOMINOFCVerónica Boquete Giadáns, nada en Santiago é unha das mellores xogadoras do fútbol femenino nacional na máxima categoría, actualmente xogando no Español de Barcelona, tralo seu paso pola Women´s Professional Soccer (liga de fútbol profesional femenina) en Estados Unidos onde deixou maravillados a propios e estranos, en tan só un mes pasou da división de prata o que sería a primeira divisón aquí, palabras textuales de Verónica:

" Pois foi tan rápido que casi nin o asimilei, vin a USA a xogar na liga de plata, e todo o que me pasou alí xa era demasiado bó, conseguimos a liga, lider de asistencias, 9 goles en 9 partidos e MVP da fase final, que máis podo pedir. E despois chegou a chamada de Chicago a mellor liga do mundo, só un día antes da miña volta a España".

Verónica Boquete Giadans unhas das mellares xogadoras de fútbol femenino na máxima categoría en España, e actualmente no equipo do Chicago Red Stars da Women´s Professional Soccer (liga de fútbol profesional femenina) en Estados Unidos.

ENTREVISTA DE: www.tomiñofc.es

-Para os que non te coñecen, ¿Quen é Verónica Boquete?

Futbolista galega que actualmente xoga no Chicago Red Stars, na liga profesional de USA. Nacín en santiago o 9-4-87. Xoguei no Funeraria apóstol (futbol sala, liga nacional) e no Xuventú de Aguiño, 3 tampadas en Zaragoza, na superliga e duas no Español de Barcelona.

-¿Cómo te iniciaste nisto do fútbol?

Meu pai é adestrador e meu irmán tamen xoga, asi que para min foi fácil comezar, xoguei cos rapaces ata os 15 anos e despois xa cas mulleres.

-¿Foi duro ter que abandonar a tua terra para seguir progresando?

A verdade e que o principio si, o primeiro ano fíxose difícil, pero agora xa estou acostumada. O que me da pena e que as xogadoras galegas teñamos que "emigrar" para poder xogar no máximo nivel.

-¿Como te sentiste ou cal foi a tua reacción ante a primeira convocatoria coa selección española?

Cando mo dixeron non o podía creer, e cando me vin alí adestrando parecíame incrible, recordo todo perfectamente, cando debutei e o primeiro gol.

-Non sei se xogaste algun mundial ou un europeo se non foi asi ¿Gustaríate vivir os éxitos do fútbol masculino?

No 2004 xoguei un europeo do que salimos campionas, nese mesmo ano xogamos o mundial en Tailandia, unha experiencia incrible. Non é o mesmo que o masculino, non somos Xavi, Iniesta e compañía.

-¿Como se leva iso de ser unha das mellores xogadoras do panorama nacional?

Pois iso son cousas que pensan os demais, eu solo me centro en entrenar e xogar e ir mellorando cada día, asi que levo ben.

-¿Cómo calificarías ese salto a mellor liga do mundo en Estados Unidos?

Pois foi tan rápido que casi nin o asimilei, vin a USA a xogar na liga de plata, e todo o que me pasou alí xa era demasiado bó, conseguimos a liga, lider de asistencias, 9 goles en 9 partidos e MVP da fase final, que máis podo pedir. E despois chegou a chamada de Chicago a mellor liga do mundo, só un día antes da miña volta a España.

-¿Poderíasnos contar algo destacado desa experiencia?

A liga, lider de asistencias, dous goles na final e MVP, tantos éxitos en tan pouco tempo.

-De todo este tempo ¿Saberías decirme cal foi o teu mellor e peor momento?

Pois o mellor e difícil, porque me pasaron moitas cousas boas, a liga, os goles.. pero tería que quedarme ca chamada de Chicago e o meu debút, espero ter algo mellor cando remate esta experiencia, e o peor, penso que agora que aínda non teño o visado e sen el non podo xogar.

-¿Eres supersticiosa? refírome se tes algun tipo de amuleto que te da sorte cando disputas un partido.

A verdade e que non eu son das que pensa, que a sorte hai que buscala.

-¿Tes algun ídolo ou ídola algun futbolista que seguiras desde pequena?

Cando eres pequena idolatras a moitos xogadores, pero co paso do tempo eso vaise perdendo, agora máis ben teño admiración, xogadores como Messi, Xavi, Iniesta, Etoo..

-¿Por qué crees que non ten tanta relevancia o fútbol femenino se hay futbolistas con tanta calidad como no fútbol masculino?

Pois por desgracia en España a sociedade ten moito que cambiar, estamos moi atrasados con respecto a outros paises e temos que ir cambiando pouco a pouco. Necesitase o apoio dos medios de comunicación (eles son o enlace entre nos e a xente), os patrocinadores etc.

-¿Podes vivir económicamente do fútbol?

Neste momento podo decir que si, é o meu traballo e páganme por él, pero non me vai resolver a vida, teño que estudiar e prepararme para o futuro, porque o fútbol solo me vai durar uns anos e despois terei que buscar un traballo.

-Un consello que lle darías a estas novas xeracións do fútbol femenino, que miran en ti un exemplo a seguir para chegar o máis alto.

Non son moito de consellos, cada un ten a sua forma de levar e de conseguir as cousas, pero a min o único que me funciona e o traballo e a humildade asi que pensen en eso, e que con esforzo pódese conseguir calquera cousa.

-Como galega que eres ¿Tes morriña? ¿Gustaríache militar nun equipo galego nun futuro?

Os galegos e a morriña sempre estan unidos, e difícil estar fora lonxe da familia, dos amigos pero a vida vai cambiando e eu estou facendo o que me gusta. Oxalá algun día poida desfrutar de todo eso ahí e senon son eu que sexan as que veñen detrás.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones