Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Entrevista exclusiva a Sandra González: retos y futuro de Tomiño

La alcaldesa de Tomiño comparte en una entrevista exclusiva con InfoMiño su visión sobre la comarca del Baixo Miño, los principales desafíos en movilidad, sostenibilidad y desarrollo, así como los proyectos que marcarán el futuro del municipio.

La alcaldesa de Tomiño comparte en una entrevista exclusiva con InfoMiño su visión sobre la comarca del Baixo Miño, los principales desafíos en movilidad, sostenibilidad y desarrollo, así como los proyectos que marcarán el futuro del municipio.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Febrero de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

Desde InfoMiño, hemos tenido la oportunidad de conversar en exclusiva con Sandra González, alcaldesa de Tomiño. Con una destacada trayectoria en la política municipal, ha trabajado en la transformación del municipio a través de iniciativas en sostenibilidad, infraestructuras y cooperación transfronteriza con Portugal. En esta entrevista, la regidora analiza los principales desafíos de la comarca del Baixo Miño, el papel de Tomiño en el desarrollo regional y su compromiso con la mejora de la calidad de vida de sus vecinos.

1. ¿Cuál considera que es el principal reto que enfrenta la comarca del Baixo Miño en la actualidad?

Sen dúbida, un dos maiores retos para o Baixo Miño é a mobilidade. A vía de alta capacidade, prometida hai anos pola Xunta, segue sen estar rematada, o que nos pon nunha clara desvantaxe e frea o desenvolvemento da comarca. É incomprensible que a día de hoxe a única previsión de avance sexa sacar a licitación un treito de só catro quilómetros, cando a súa apertura total estaba prevista xa para 2008.

E tamén neste senso, a mobilidade interna e as conexións coa área metropolitana de Vigo precisan dunha solución real e urxente en canto o servizo de transporte público, o cal é cada vez máis precario en frecuencias e tempos.

A isto súmase a oportunidade histórica de mellorar a conexión ferroviaria co norte de Portugal. A infraestrutura xa existe, pero seguimos á espera dun compromiso firme dos gobernos para poñela en funcionamento. Nun momento no que o transporte ferroviario é esencial pola súa sustentabilidade e eficiencia, non podemos permitir que o Baixo Miño quede illado nin á marxe deste avance estratéxico que facilitaría a mobilidade entre Vigo e Porto, impulsando a economía local e a relación transfronteiriza.

2. ¿Qué proyectos o iniciativas intermunicipales considera más urgentes para mejorar la calidad de vida en la comarca?

Como comentaba, un dos principais retos aos que nos enfrontamos agora mesmo é a mobilidade. Os constantes retrasos na execución da vía de alta capacidade e a limitada oferta de transporte público están a prexudicarnos moito. Sen unha arteria principal que nos conecte eficientemente e cun servizo de autobuses que adoitan estar cheos e con traxectos demasiado longos, os veciños vense obrigados a depender dos seus coches. Non todos teñen esa opción, e iso aumenta a sensación de desconexión entre concellos.

Por outra banda, a degradación do río Miño é cada vez máis evidente e urxe un plan integral para a súa recuperación. A proliferación de especies exóticas, a acumulación de sedimentos e o deterioro dos ecosistemas están poñendo en perigo non só o seu valor ambiental, senón tamén o seu potencial patrimonial e turístico.

Ademais, hai que falar de servizos básicos como a sanidade. A falta de profesionais nos centros de saúde da comarca é unha realidade que afecta directamente á poboación. A non cobertura de baixas e vacacións, xunto coa escaseza de servizos fundamentais como o de traballo social ou ter unha ambulancia medicalizada, agravan aínda máis a situación. É imprescindible que os municipios fagamos fronte común para reclamar á Xunta máis persoal e melloras na atención primaria.

3. ¿Cómo evalúa el trabajo conjunto entre los municipios de la comarca para impulsar el desarrollo económico y turístico?

O traballo conxunto sempre é algo positivo. Neste senso, a Mancomunidade do Baixo Miño permítenos coordinar esforzos e plantexar reivindicacións comúns, aínda que haxa diferenzas políticas. Un bo exemplo diso é como nos unimos contra os recortes na sanidade ou como avanzamos na atención á infancia, co servizo de atención temperá, que apoia a nenos e familias con problemas de desenvolvemento, buscando sempre a inclusión e o benestar.

No ámbito económico e turístico estamos a traballar arreo a través do Xeodestino Galicia Suroeste que agrupa a diversos sectores para impulsar proxectos comúns. Os 14 concellos agrupados estamos a potenciar o turismo elaborando produtos de calidade baseados nos nosos recursos e tradicións.

4. ¿Qué importancia tiene para usted la cooperación con otras comarcas y entidades regionales?

A cooperación é absolutamente imprescindible, sobre todo nunha rexión como a nosa, onde a dispersión xeográfica pode ser un obstáculo. Compartir recursos e esforzos permítenos ser máis eficientes e afrontar retos comúns como o acceso aos servizos públicos, a mobilidade ou a xestión ambiental. Ademais, aínda que é importante preservar as nosas particularidades locais, tamén hai que traballar para posicionarnos como unha zona cohesionada e forte, tanto dentro de Galicia como na rexión transfronteiriza con Portugal.

Isto último para nós é algo estratéxico, xa que somos Eurocidade con Vila Nova de Cerveira. Un proxecto compartido que nos permitiu estreitar lazos de cooperación e convivencia, o que mellora a nosa capacidade para xestionar conxuntamente as políticas públicas. Ademais, a colaboración axúdanos a reducir a duplicidade, a ser máis atractivos á hora de captar fondos europeos e a poñer en marcha iniciativas innovadoras e premiadas como os Olympics4all ou os valedores transfronteirizos.

5. ¿Cómo ve la sostenibilidad y la protección del medio ambiente en el futuro de la comarca?

A sustentabilidade e a protección ambiental deben ser unha prioridade. Un dos nosos maiores retos é a limpeza e conservación do río Miño, cada vez en peor estado.

Ademais deste reto común, debemos ser capaces de poñer en marcha outras accións. En Tomiño promovemos proxectos para fomentar a sustentabilidade e o respecto polo medio ambiente. Por exemplo, dende 2015 traballamos na promoción da compostaxe, tanto a nivel individual como comunitario, e puxemos en marcha varias campañas de sensibilización. Ademais, estamos a desenvolver un modelo innovador de xestión de residuos que cumpra coa normativa europea e que nos permita mellorar a eficiencia da reciclaxe e a redución de residuos.

Tamén avanzamos na eficiencia enerxética, renovando preto de 2.000 puntos de luz do municipio, o que supuxo unha importante redución de emisións de CO2 e un importante aforro económico. E, como parte da nosa aposta polas enerxías limpas, instalamos máis de 140 placas fotovoltaicas en varias instalacións municipais, promovendo o autoconsumo enerxético.

Sobre Tomiño:

6. Tomiño está experimentando un crecimiento significativo en los últimos años. ¿Cómo está gestionando este aumento poblacional y sus efectos en los servicios municipales?

O crecemento de Tomiño nos últimos anos é unha gran noticia, pois significa que cada vez máis persoas elixen o noso concello para vivir, traballar e formar unha familia.

Estamos apostando por unha planificación urbana coidada, centrada en crear espazos humanizados para as persoas. Queremos que Tomiño siga sendo un lugar no que apeteza saír a pasear, gozar do entorno e compartir momentos en espazos públicos accesibles e de calidade. Neste sentido, seguimos avanzando no saneamento, na mellora da iluminación pública e na eficiencia enerxética, e tamén na eliminación das barreiras arquitectónicas, para que cada recuncho do noso concello sexa máis seguro, confortable e sostible.

Tamén estamos reforzando os servizos esenciais, cunha inversión cada ano maior en servizos sociais, para garantir que ninguén quede atrás. A educación segue sendo unha prioridade, e por iso continuamos mellorando todas as nosas escolas. Do mesmo xeito, traballamos para ampliar e renovar as infraestruturas culturais e deportivas, porque entendemos que o acceso á cultura e ao deporte é fundamental para o benestar da comunidade.

E en todos estes procesos, a participación cidadá é clave. Queremos que a veciñanza forme parte das decisións que definirán o Tomiño do futuro, porque sabemos que un crecemento ben planificado só é posible escoitando e atendendo as necesidades reais das persoas.

7. ¿Qué planes tiene su gobierno para promover la movilidad sostenible dentro de Tomiño?

En Tomiño levamos anos impulsando proxectos de peonalización e humanización dos espazos públicos tanto nos cascos urbáns como nas parroquias, cremos que son fundamentais para construír unha mobilidade máis sostible e máis próxima ás persoas e axudan a crear comunidade e veciñanza.

O noso obxectivo é que as persoas poidan gozar destes espazos sen a presión do tráfico, fomentando a mobilidade activa, como camiñar ou andar en bicicleta, e ao mesmo tempo mellorar a seguridade nas nosas rúas. Ao mesmo tempo, enmárcase nun plan máis amplo para reducir a nosa pegada de carbono e impulsar un modelo de desenvolvemento urbano que aposte pola sustentabilidade, co obxectivo de facer de Tomiño un concello máis limpo, accesible e adaptado ás necesidades dos seus habitantes.

8. Tomiño ha sido reconocido por su dinamismo comercial. ¿Qué políticas está impulsando para fomentar el emprendimiento local, la formación del empresariado y la realización de campañas comerciales conjuntas?

O noso dinamismo comercial é froito dun traballo constante para apoiar e potenciar o comercio local por parte do Concello. Facémolo da man de ADETO, a Asociación de Comerciantes, que está a facer un excelente traballo na promoción dos nosos negocios. Entre todos promovemos campañas como “Nadal+Nadal”, que busca fomentar a compra nos comercios locais durante as vacacións de Nadal, época clave para o sector.

Tamén conseguimos medio millón de euros de financiamento europeo para apoiar aos nosos comerciantes, especialmente en materia de dixitalización. Sabemos que é fundamental que as empresas se adapten ás novas tecnoloxías, polo que estamos axudando ás nosas empresas a ter unha maior presenza online e a posicionarse nas redes sociais, á vez que reciben formación ao respecto.

Por outra banda, un dos nosos eventos máis consolidados é a Feira de Cultivos, un evento que se converteu nun referente no sector da planta e do viveirismo. Este tipo de iniciativas non só dan visibilidade a un sector clave do noso concello, senón que permiten valorizar a calidade do que cultivamos aquí en Tomiño.

9. ¿Qué importancia le da al desarrollo de las infraestructuras en Tomiño para garantizar una mejor calidad de vida a los residentes?

O desenvolvemento das infraestruturas é fundamental para que Tomiño siga sendo un lugar onde a xente poida vivir con calidade e comodidade. Desde o principio traballamos en proxectos que non só melloran os servizos básicos, senón que crean espazos de cultura, educación e encontro comunitario.

Un dos nosos principais obxectivos foi mellorar o sistema de saneamento, que creceu ata un 60% nos últimos anos, un avance fundamental para a saúde e o benestar de todos. Ademais, estamos a crear novos espazos para a cultura como a biblioteca Isaura Gómez, ou a mellora constante do Auditorio de Goián convertido oficialmente en Escola de Música, e próximamente a Casa da Cultura de Tomiño que será un espazo cultural importante no Seixo.

A educación tamén é unha prioridade para nós, e investimos máis de 100.000 euros cada ano na reforma dos nosos centros educativos, así como máis de 35.000 euros en actividades extraescolares gratuítas en todos e cada un dos centros educativos, queremos que os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades. Pero non nos centramos só nos aspectos sociais ou educativos. Tamén estamos a desenvolver o parque agroindustrial transfronteirizo, que nos permitirá xerar novas oportunidades de emprego e impulsar o desenvolvemento económico local, neste sentido é un proxecto complexo pero tamén estratéxico para o futuro do noso concello.

10. ¿Cómo está el municipio trabajando para garantizar el acceso a la vivienda para los jóvenes y familias menos favorecidas?

Como é sabido a vivenda é unha competencia autómica e nese sentido o concello, na primeira entrevista que eu tiven coa Conselleira de Vivenda xa se lle ofreceron solares para que a Xunta poida levar adiante proxectos de vivenda oficial. Afortunadamente en Tomiño temos solo para iso, e sería moi interesante que a Xunta de Galicia poidera levar a cabo un proxecto de vivenda como parece que quere sacar adiante en outros concellos.

Preguntas personales:

11. ¿Qué le motivó a entrar en la política y ser alcaldesa de Tomiño?

A miña motivación para entrar en política naceu dun compromiso profundo coa miña terra e coa miña xente. Sempre tiven unha forte vocación de servizo público e a convicción de que, dende a política local, pódense impulsar cambios reais e mellorar a vida das persoas. O contacto diario cos veciños e veciñas, escoitar as súas preocupacións e necesidades, fíxome entender que a política debe ser unha ferramenta útil e próxima.

Dar o paso para ser alcaldesa foi un reto persoal e colectivo, un compromiso baseado na idea de que a política non é só xestionar recursos ou construír infraestruturas, senón tamén poñer en valor as pequenas accións que transforman a vida cotiá. Sempre pensei que gobernar é escoitar, coidar e traballar con humildade e honestidade para construír un Tomiño mellor, onde todos e todas teñamos oportunidades. Esa foi, e segue sendo, a miña maior motivación.

12. Si tuviera que destacar un logro de su mandato que le enorgullezca especialmente, ¿cuál sería?

Sen dúbida a mellora social, cultural e educativa: que cada vez máis mozos e mozas estuden unha carreira e teñan un futuro e froito dunha sociedade que ten evolucionado, e iso non o fae solo un goberno, senón que se constrúe de xeito conxunto: institucións e sociedade. Esa mellora é o máis importante para un pobo. Logo sen dúbida tamén estamos moi satisfeitos coas obras, co que se leva feito e transformado Tomiño e coa mellora constante, pero sen dúbida esa apreciación de mellora social en conxunto é algo que me enche de orgullo, non como alcaldesa solo, senón tamén como parte dunha sociedade que mellorou moito nos últimos anos.

13. ¿Cómo equilibra su vida personal con las responsabilidades que conlleva ser alcaldesa?

Pois igual que calquera muller traballadora que ten que sacar adiante unha profesión, unha familia, un proxecto vital..., A diferenza é que aquí levo enriba a gran responsabilidade de contar coa confianza das veciñas e veciños. Creo que é fundamental atopar tempo para unha mesma, algo que resulta máis doado cando te rodeas dun bo equipo, tanto no ámbito profesional como no persoal. Aínda así, o esforzo é sempre un piar fundamental, porque este compromiso require dedicación constante, pero cando traballas con paixón e sentes que o que fas mellora a vida da xente, todo paga a pena.

14. ¿Qué le gusta hacer en su tiempo libre cuando no está trabajando en su labor política?

No meu tempo libre gústame mergullarme nun bo libro, perderme nas historias e aprender cousas novas. Tamén disfruto moito de saír a pasear, especialmente á beira do noso querido Miño, admirando as paisaxes que fan da nosa terra un lugar tan especial.

Andar en bici é outra das miñas paixóns ou tamén me gusta moito cociñar, experimentar con novos pratos e compartir momentos arredor da mesa rodeada dos amigos e da familia que, no fondo, sempre é o máis importante.

15. ¿Cómo le gustaría ser recordada por los vecinos de Tomiño cuando termine su mandato?

Bueno, creo que iso non debo decilo eu, o tempo é quen pon o quita razóns e lugares. Os veciños xulgan en cada elección e os veciños e veciñas xulgarán tamén co paso do tempo. A min gústame pensar que o meu equipo e eu fixemos todo o que estaba nas nosas mans por mellorar Tomiño, que non traicionei a confianza que despositaron en nós e que gardei esa confianza como un tesouro para o ben común.

Desde InfoMiño agradecemos a Sandra González por concedernos esta entrevista y compartir su visión sobre el presente y futuro de Tomiño. Seguiremos ofreciendo más entrevistas exclusivas con alcaldes y alcaldesas de la comarca del Baixo Miño y alrededores para profundizar en los temas que afectan a la ciudadanía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí