Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Érguete Baixo Miño convoca a Asamblea Xeral Extraordinario

Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar o día 16 de decembro de 2021, ás 17:00 horas

Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar o día 16 de decembro de 2021, ás 17:00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Diciembre de 2021

Fuente: Érguete Baixo Miño

A Xunta Directiva acordou convocar a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño á Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar o día 16 de decembro de 2021, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria, no local social, para tratar os asuntos contidos no seguinte


ORDE DO DÍA


1º Reformas Estatutarias. Exame e, no seu caso, aprobación da seguinte proposta de modificación dos Estatutos Asociativos:


Artigo 16º.- O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente será designado pola Asemblea Xeral entre socios que teñan polo menos 1 ano de antigüidade e o seu mandato durará 4 anos.
Modificación proposta...
... O/a Presidente/a será designado/a pola Asemblea Xeral entre os/as socios/as e o seu mandato durará 4 anos.


Artigo 17º.- A Xunta Directiva estará formada por unha Presidencia, unha Secretaría, unha Tesourería e vogais1, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na Asociación.
Modificación proposta...
... A Xunta Directiva estará formada necesariamente polos seguintes cargos: unha Presidencia, unha Secretaría e unha Tesourería. A maiores, tamén poderán formar parte da Xunta Directiva unha vicepresidencia e cantos/as vogais se estimen necesarios/as. Tódolos cargos que compoñan a Xunta Directiva deberán recaer en asociados/as da Asociación.


Artigo 18º.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta.
Elixiranse pola Asemblea Xeral os cargos e durarán un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
Os cargos cesarán na súa función por pasamento, renuncia voluntaria, e por transcurso do prazo para o que foron elixidos. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que deberase facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día do sucesor ou ben esperar ata que a Xunta Directiva nomee temporalmente a un substituto se se trata de renuncia voluntaria.
Modificación proposta...
...Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados que o desempeño da súa función lles
ocasione e sen que as cantidades percibidas por ese concepto poidan exceder dos límites previstos na normativa do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas para ser consideradas de dietas exceptuadas de gravame.
As persoas que ostenten cargos na Xunta Directiva poderán percibir retribucións por tarefas profesionais diferentes as propias do seu cargo na Xunta directiva. A retribución se fixará en función dos parámetros normais de relación laboral dentro da entidade (convenio colectivo de aplicación, categoría profesional, retribución, xornada e demais característica de calquera relación laboral); en todo caso, deberán de carecer de interese económico nos resultados.
Elixiranse pola Asemblea Xeral os cargos e durarán un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
Os cargos cesarán na súa función por pasamento, renuncia voluntaria, e por transcurso do prazo para o que foron elixidos. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que deberase facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día do sucesor ou ben esperar ata que a Xunta Directiva nomee temporalmente a un substituto se se trata de renuncia voluntaria.


Artigo 45º.- Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de socios.
Modificación proposta...
...Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable da maioría cualificada presente ou representada na Asemblea Xeral de socios/as.


Artigo 48º.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins aos desta Asociación.
Modificación proposta...
...O patrimonio resultante de disolución destinarase na súa totalidade a algunha das entidades consideradas como entidades beneficiarias do mecenado aos efectos previstos nos artigos 16 a 25, ambos inclusive, da Lei 49/2002, de 23 de decembro, do réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado e que están dedicadas a fins de interese xeral e que sexan análogos aos da Asociación.


Agradecendo de antemán a súa colaboración e participación, atentamente


A Xunta Directiva

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí