Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Érguete Baixo Miño difunde os Programas Educativos e Familiares gratuítos nos centros educativos para este curso escolar

Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar presentando unha breve guía cos Programas de Prevención e de Educación para a Saúde que ofrece gratuitamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia

Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar presentando unha breve guía cos Programas de Prevención e de Educación para a Saúde que ofrece gratuitamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Octubre de 2020

Fuente: Érguete Baixo Miño

Érguete Baixo Miño retoma o traballo nos centros educativos neste curso escolar presentando unha breve guía cos Programas de Prevención e de Educación para a Saúde que ofrece gratuitamente nas escolas de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia, adaptándonos á nova situación debido ao COVID-19 favorecendo un entorno seguro.

 

Estes programas están dirixidos ao alumnado e ás familias que representan o eixe prioritario na educación. De forma lúdica e dinámica abordamos temas sobre as diferentes condutas aditivas, a xestión emocional, a resolución de conflitos, a presión de grupo, a autoestima, o ocio saudable entre outros que podemos adaptar ao contexto de cada aula. Tamén sobre pautas de actuación eficaces para pais/nais e mestres, traballando de forma específica no reforzo dunha vida saudable e que desenvolverán fóra do centro educativo.

 

Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade –Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas- e polas cotas dos socios/as.

 

Para recibir máis información e/ou solicitar a implantación dalgunha destas actividades nalgún Centro Educativo pode chamar aos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376, tamén contactando a través do correo electrónico  info@erguete.org ou dirixirse de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP 36780 A Guarda. 

 

Visualiza ou descarga a guía en www.erguete.org

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí