Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESGOTADAS AS ENTRADAS PARA O CONCERTO ACÚSTICO DE SES DESTE VENRES NA GUARDA

Debido a gran aceptación e acollida do concerto de sés, o centro de información á muller(cim) da guarda comunica que se esgotaron as entradas

Debido a gran aceptación e acollida do concerto de sés, o centro de información á muller(cim) da guarda comunica que se esgotaron as entradas

Fecha: 12 de Noviembre de 2014

Fuente: CIM A Guarda

A cantante SÉS, actuará en formato acústico o sábado 15 de novembro ás 20:30 horas no Centro Cultural da Guarda. O concerto, de balde,(ata completar aforo) está organizado polo Centro de Información á Muller, enmarcado dentro do programa de Promoción da Igualdade entre mulleres e homes e subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo social Europeo.

DEBIDO A GRAN ACEPTACIÓN E ACOLLIDA DO CONCERTO DE SÉS, O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER(CIM) DA GUARDA COMUNICA QUE SE ESGOTARON AS ENTRADAS

DAMOS AS GRACIAS POLO INTERESE AMOSADO E AGARDAMOS QUE O ÉXITO DA CONVOCATORIA SE TRASLADE AO ÉXITO DO PROPIO CONCERTO.
Logo do éxito dos seus traballos ‘Admirando a condición' (2011) e ‘Co xenio destrozado' (2013), a cantante Sés achégase á Guarda o vindeiro sábado, 15 de novembro, para pór a voz e o espectáculo --ao ritmo da guitarra de Tito Calviño--, nun concerto acústico. Así, tras a exitosa xeira de actuacións por todo o país, chega a ocasión de gozar dun xeito máis íntimo do enorme carisma e da forza persoal da artista coruñesa, sempre aberta a conquistar á audiencia co seu caudal de enerxía reivindicativa, con perspectiva feminina, galega e en galego.
Desde o CIM da Guarda explican que o carácter da cantante, o seu papel comunicativo e a defensa que fai dos valores femininos dende unha posición honesta, fresca e chea de vitalidade -mais tamén directa e visceral--, axudan a nos facer comprender tanto a discriminación de xénero como a visibilización da igualdade que ten que imperar na relación entre as persoas, polo que recomendan o concerto como unha actividade imprescindible. A linguaxe fresca, fluída, directa e mesmo irreverente que emprega a cantante nas súas letras e nas súas intervencións entre canción e canción, axudan a conectar de xeito doado co público, xerando un vencello que posibilita que a transmisión dos valores da igualdade entre mulleres e homes teñan máis éxito que nun obradoiro ao uso.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones