Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - 17 ANDAINAS NA EUROCIDADE TUI-VALENCA PROGRAMADAS PARA O ANO 2013

O acto de presentación celebrouse o pasado Luns 25 de Febreiro na Aula da UNEd de Tui.

Fecha: 26 de Febrero de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Luns día 25 de Febreiro de 2013 tivo lugar na Aula da Uned de Tui a presentación do programa de Andainas da Eurocidade Tui-Valença para o ano 2013.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou a aposta da Xunta por estender o Plan Galicia Saudable á contorna da Eurocidade Tui-Valença como un elemento máis de cohesión territorial. Así o manifestou na presentación do Circuíto de andainas saudables e do proxecto piloto para a creación dunha Unidade de Promoción do Exercicio (UPE) que a Eurocidade porá en marcha en Tui e Valença, en colaboración coa Xunta de Galicia. Nesta presentación estiveron presentes, ademais do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o Presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Méndes, o Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo e o Vareador de Desportos, José Monte.

Estas dúas iniciativas súmanse a toda unha programación de actividades deportivas que a Xunta de Galicia, o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença teñen organizado para este ano 2013 na Eurocidade, co obxectivo de reforzar a cohesión social entre Galicia e o norte de Portugal, promover o patrimonio natural e cultural de ambos os dous territorios, revitalizar as infraestruturas comúns, dinamizar a acción das súas entidades locais e, sobre todo, mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns.

"Galicia e Portugal camiñamos da man neste obxectivo", subliñou Lete, para engadir que "o esforzo de todos reverterá directamente nunha poboación de 35.000 habitantes e nunha esfera de influencia de 6 millóns de persoas: todo un exemplo de que a cooperación entre institucións sempre será a ferramenta de mellora da calidade de vida dos cidadáns", apostilou.

 


O Circuíto de andainas saudables e outra ducia de eventos deportivos
Son un total de 13 os eventos deportivos que acollerá a Eurocidade no marco desta programación que prevé atraer ata preto de 4.500 participantes. O Circuíto de andainas saudables, que comezará en marzo, constará dun total de 17 itinerarios, dos cales 8 discorrerán por Tui o último domingo de mes, e 9 por Valença o segundo sábado de mes.

A previsión de participantes está entre os 100 e os 150 camiñantes por andaina, que irán guiados por monitores especializados que explicarán as características de cada ruta, e seguidos por efectivos dos servizos de emerxencias de ambos os dous concellos. No primeiro percorrido entregarase un pasaporte do camiñante, que os participantes selarán en cada andaina, e un podómetro. Ademais, organizarase un concurso de fotografía que premiará as tres mellores instantáneas de todo o circuíto.

Outras actividades previstas no marco desta programación deportiva da Eurocidade son o I Campionato de Kung Fu, que xa se celebrou este mesmo fin de semana; o II Torneo de Fútbol 7, que se disputará o vindeiro 23 e 24 de marzo para as categorías benxamín e alevín; e o VI Torneo de Pesca Deportiva, que terá lugar tamén o 24 de marzo.

O 26 de maio celebrarase o II Eurocidade BTT, un percorrido de 45 quilómetros en bicicleta de montaña que sairá de Tui, cruzará a ponte internacional e subirá ao Monte Faro percorrendo as rúas de Valença. O 9 de xuño, está prevista a carreira pedestre II Eurocidade 10, con 10 quilómetros de percorrido, saída desde Valença ata Tui e coa meta nas murallas. En xullo, o día 6, disputarase o I Cuadriatlón Eurocidade, con catro modalidades deportivas: natación, ciclismo, piragüismo e atletismo.

Xa o 17 de agosto, terá lugar o II Trofeo Balonmán Eurocidade, entre o Asobal Academia Octavio e un equipo de Portugal. O 7 de setembro, será a III Travesía a nado Eurocidade 2013, que cruzará o río Miño desde a marxe de Valença ata a de Tui. Ademais, entre os meses de outubro de 2013 a xuño de 2014 disputarase a Liga de Fútbol Sala Saudable Eurocidade, na que participan 40 equipos de Tui e Valença; entre o 19 e o 20 de outubro, celebrarase o I Campionato de Tenis Eurocidade; o 17 de novembro, o I Campionato Internacional de Baile Deportivo, con 300 participantes federados de Galicia e Portugal; e, para rematar, en xuño, o I Festival Aéreo Eurocidade.

Unha unidade para promover hábitos saudables
O proxecto piloto para a creación dunha Unidade de Promoción do Exercicio estase a deseñar conxuntamente co concello de Tui e coa Cámara Municipal de Valença. Trátase dunha unidade dirixida por un licenciado ou licenciada en Ciencias da Actividade Física co obxectivo de avaliar a condición física dos cidadáns destes concellos para achegarlle unhas pautas coas que mellorar a súa calidade de vida.

A unidade estará situada no Centro Interfederado de Remo, pero tamén poderá facer itinerancias por puntos determinados de Tui e Valença. Mediante cuestionarios e actividades divulgativas, achegará á cidadanía os beneficios da práctica de actividade física de xeito orientado e adaptado ás súas necesidades.

A Eurocidade Tui-Valença
Dentro da liña de traballo que está a seguir a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, de avanzar na construción dunha Eurorrexión baseada no coñecemento e na proximidade, a Eurocidade Tui-Valença aposta, desde a súa constitución formal o 10 de febreiro de 2012, por buscar fórmulas para promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre as dúas cidades, de xeito que o "efecto fronteira" deixe de ser un inconveniente para se converter nunha oportunidade de desenvolvemento territorial e socioeconómico, promovendo a utilización de servizos comúns como instrumento dinamizador da convivencia entre ambas poboacións.

Deste xeito, lembrou o director xeral de Relación Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, a Xunta de Galicia está a colaborar co Concello de Tui e coa Cámara de Valença para o planeamento de actividades conxuntas, como as andainas saudables presentadas hoxe ou a Unidade de Promoción do Exercicio, ambas financiadas co Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España -Portugal (POCTEP).

Durante o transcurso do acto un grupo de afectados polas participacións preferentes mantiveron unha protesta no exterior da Aula da Uned de Tui, reclamando unha vez máis unha solución á súa problemática que ten retidos os aforros de centos de familias en toda Galicia.

 

FOTOGRAFÍAS

Fotografías de Jorge Alonso Daldea

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones