Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CELEBROU ONTE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NA GUARDA

Este ano o homenaxeado foi Manuel Ángel Pombal Diego

Fecha: 25 de Mayo de 2013

Fuente: Infomiño.com

 

Fotografía

O pasado Venres día 24 de Maio de 2013 tiña lugar no Salón de Actos do Centro Cultural a celebración do Día das Letras Galegas organizado pola Agrupación Cultural Guardesa co apoio do Concello de A Guarda, Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra.

Este ano a Agrupación Cultural Guardesa elexíu a Manuel Ángel Pombal Diego "Peque" para ser homenaxeado nestas datas froito da última asamblea desta institución celebrada o pasado 25 de Abril de 2013.

O acto foi presentado por Manuel Santos, quen foi presentando ós distintos grupos musicais que pasaron polo escenario do Centro Cultural. Contouse coas actuacións do Grupo de pandeiretas  da Agrupación Cultural Guardesa, baixo a dirección de Berta Castro; o Grupo Antorcha, baixo a dirección de María José Baz e a Banda da Escola de Música de Mougás, baixo a dirección de Luís Giráldez.

Antón Ferreira e Julia Sobrino foron os encargados de falar sobre a vida de Manuel Ángel Pombal Diego, nado no barrio de Vilar na parroquia de Pedornes, no Concello de Oia.

O alcalde de Oia, Sr. Alejandro Rodríguez, foi quen entregou a placa conmemorativa ó homenaxeado, aínda que estaba previsto que Julia Sobrino fora a persoa encargada de entregarlle este obsequio, cedeulle ó Alcalde a entrega da mesma, ante a emoción de Manuel, quen tamén tivo palabras de agradecemento para todos os alí presentes.

A Agrupación Cultural Guardesa editou un pequeno libriño que recolle a vida de  Manuel Ángel Pombal Diego "Peque" e que foi repartido entre os asistentes.

FOTOGRAFÍAS

Fotografías de Jorge Alonso D.

 

Fotografía

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones