Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL FESTEXA O SEU 30º ANIVERSARIO CUNHA PROGRAMACIÓN CARGADA DE ACTUACIÓNS

O pasado Mércores presentaron a programación de actos para o ano 2016

O pasado Mércores presentaron a programación de actos para o ano 2016

Fecha: 31 de Diciembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

 

 

O salón de plenos do Concello do Rosal foi o espazo elexido pola Agrupación Musical do Rosal para presentar a programación de actividades para o ano 2016, cando festexan o seu 30º aniversario.

Nesta rolda de prensa estiveron presentes a Tenente-alcalde, Mª Carmen Alonso; o Presidente da Agrupación Musical do Rosal, Iván Diego; o Director da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, José Javier Bascoy Iglesias e en representación de Conrazones, Piño Gómez.

A primeira gran actividade que realizará a Agrupación Musical do Rosal será un Concerto de carácter benéfico axendado para o vindeiro día 6 de Xaneiro ás 18:30h no Auditorio Municipal do Rosal, preténdese que sexa un evento para disfrutar en familia e onde se pide ós asistentes que leven 1kg. de alimentos no perecedeiros que serán xestionados por Conrazones para axudar ás familias máis necesitadas da contorna do Baixo Miño. O concerto terá un programa variado de música clásica e escénica en todolos seus xéneros, contarase coa actuación do solista Avelino Ferreiraco(oboe) e remataráse o acto cun chocolate quente.

A Agrupación Musical do Rosal afronta este 30º aniversario cunha programación que continuará o 30 de Xaneiro cun Festival de Bandas Xuvenís, seguindo o 28 de Febreiro cun Concerto Coral infantil e en Marzo co tradición Concerto do día do Pai.

Para o mes de Abril O Rosal foi elexida coma sede para as Clases da Academia Europea de Bandas que traerá a vila rosaleira a un gran Mestre. Tamén en Abril terá lugar o Concurso Antonio Granja de Xóvenes intérpretes, nesta edición concurso aberto a toda Galicia.

No mes de Maio celebraráse o Festival de Bandas Xuvenís en Vila de Cruces e tamén o tradicional concerto das Letras Galegas.

Para Xuño a banda visitará Pájara en Fuerteventura e en Agosto realizaráse o Festival de Músicos Xoves, cun día adicado a bandas e outro a corais.

Xa no mes de Setembro a banda visitará Vilanova de Cerveira, coma única banda galega, nun importante Festival de Bandas do Norte de Portugal.

Durante esta rolda de prensa recordouse o recentemente gañado Concurso de Corais da Catedral de Tui onde a Coral da Agrupación Musical do rosal obtivo o 1º premio(Ver noticia).

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 30 Decembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones