Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A EURORREXIÓN GALICIA - NORTE PORTUGAL APOSTA POLO TREN COMA FACTOR VERTEBRADOR SOCIOECONÓMICO DO TERRITORIO

Así o reflexaron na rolda de prensa levada a cabo no Concello de Tomiño o pasado Venres día 31 de Agosto de 2012

Fecha: 01 de Septiembre de 2012

Fuente: Infomiño.com

O Concello de Tomiño foi o lugar elexido para a rolda de prensa levada a cabo o pasado Venres día 31 de Agosto de 2012, na que se reinvindicou unha vez máis o papel fundamental do tren na vertebración socioeconómica do territorio da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Nesta rolda de prensa estiveron presentes Xoan Vázquez Mao, Secretario Xeral Eixo Atlántico, Jose Maria Costa, presidente da Câmara Municipal de Viana do Castelo e presidente da Asamblea Xeral do Eixo Atlántico, Severino Rodríguez, Alcalde do Concello de Monforte e vicepresidente da Asamblea Xeral do Eixo Atlántico e Sandra González, Alcaldesa de Tomiño.

Segundo a alcaldesa de Tomiño, para calqueira cidadán do Concello "cambia moito o teu futuro o saír de Tomiño e en 10 minutos estar nunha estación de Tren na veciña Vilanova de Cerveira" polo que resalta a liña férrea coma un proxecto estratéxico e fundamental.

Grazas os compromisos adquiridos polos ministros de España e Portugal tralas celebracións das dúas cimeiras de Viana do Castelo e na XXV Cumbre Ibérica de Porto, vai ser posible a modernización desta importante liña férrea, mellorando a competitividade con estratexias para saír da crise.
 
Calcúlase que o número de beneficiarios destas melloras, habitantes dunha eurorrexión Vigo-Viana-Porto, podería acadar os 2 millóns de persoas, pero é preciso unha correcta estructuración do territorio, impulsar o movemento da poboación para a xeración de actividades económicas.

O paso tomado polo Concello de Tui e a Cámara de Valença do Minho trala constitución da Eurocidade foi un paso moi importante na vertebración destas dúas cidades transfronteirizas, pero sería máis importante se cabe a ampliación deste espazo dende Salvaterra do Miño ata A Guarda e dende Melgaço ata Caminha para xerar unha masa crítica de valores importantes na que se podría falar duns 80.000 habitantes. Para facer efectivo unha eurorrexión competitiva é necesario facilitar o movemento da poboación, e o tren, sen dúbida, terá un papel fundamental.
 
Tomiño e Vilanova de Cerveira están traballando neste senso, cunhas relacións de amizade moi forte que os unen, e traballarán por recuperar os movementos de poboación a través do tren, mellorando as liñas férreas, con horarios adaptados as situacións actuais, paradas programadas nos diferentes núcleos de poboación transfronteirizos.
 
Os principais pasos para a mellora da vía férrea xa están dados, fai escasamente un ano pretendíase pechar a liña entre Vigo e Porto e na actualidade estáse a traballar progresivamente na dotación de novas electrificacións para a súa adaptación os tempos que corren, cunha futura liña férrea que terá unha velocidade promedio duns 150km/h o que podería reducir case á metade os tempos dos traxectos actuais.
 
Entre os grandes obxectivos a acadar está o Billete único, que próximamente entrará en funcionamento, a racionalización das paradas do tren en cada estación e a electrificación das líñas férreas tanto en España coma en Portugal.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones