Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - A Feira do Viño do Rosal celebrou o seu 25º aniversario

Máis de 20.000 persoas pasaron nesta edición pola Praza do Calvario do Rosal

Máis de 20.000 persoas pasaron nesta edición pola Praza do Calvario do Rosal

Fecha: 17 de Julio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A Praza do Calvario no Rosal acolleu a pasada fin de semana a XXV edición da Feira do Viño, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

A XXV Feira do Viño do Rosal reuníu un ano máis a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.

A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completaron a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

A Inauguración tivo lugar o venres 14, onde a persoa encargada de inaugurar a Feira foi o Presidente do Consello Superior de Deportes, D. Jose Ramón Lete Lasa, seguido da encargada de facer o pregón este ano, que foi a bodegueira Rosa Ruíz Puga, das Adegas Santiago Ruíz, quen recordou a figura do seu pai nos inicios desta feira, que este ano cumpríu por todo o alto o seu 25º aniversario.

Este ano con motivo da XXV edición a organización fixo varias melloras para mellorar o disfrute, máis aínda se cabe, desta gran celebración, elaboráronse programas de man con toda a información do evento, aumentouse a publicidade, chegando a toda a comarca do Baixo Miño e Val Miñor, renovouse a iluminación e o son do evento, así coma as actuacións musicais, espuxéronse os carteis das XXV edicións da feira do viño do Rosal e realizouse unha edición limitada de 1.500 cataviños serigrafiados para a ocasión.

A ampliación do servizo de bus á feira dende Baiona e Tui, propiciou que moitasmáis persoas se achegasen e disfrutasen do evento.

Como ven sendo habitual, realizáronse diversas exposicións, Mostras de Escultura, Pintura e Fotografía, así coma a XIV Mostra Numismática e Filatélica do Grupo "Val do Rosal" que este ano en conmemoración da XXV edición da feira do viño editou un matasellos e selos para a ocasión. 

En total contouse coa participación de 10 adegas, 1  empresa de produtos vexetais, 1 empresa de froitos do Rosal  1 obrador, 1 destilería e un Consello Regulador da D.O. Rías Baixas.

   Fotos de Jorge Alonso Daldea
 
  Máis de 20.000 persoas pasaron nesta edición pola Praza do Calvario do Rosal
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones