Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A FEIRA DO VIÑO DO ROSAL GAÑA ADEPTOS CON MÁIS DE 30.000 VISITANTES

A cita gastronómica celebrouse a pasada fin de semana cunha ampla programación de actividades

No acto inaugural, a Directora de Turismo de Galicia, Dna. Nava Castro, adiantou que a Feira do Viño do Rosal terá próximamente o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Fecha: 20 de Julio de 2015

Fuente: Infomiño.com

 

 

A pasada fin de semana tivo lugar a XXIII Feira do Viño do Rosal 2015, contando cunha ampla programación de actividades que tiveron inicio o Venres día 17 de Xullo co acto de inauguración e pregón.

Unha vez máis a Praza do Calvario reuníu a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro. A feira recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustaron os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

No acto inaugural, a Directora de Turismo de Galicia, Dna. Nava Castro, adiantou que a Feira do Viño do Rosal terá próximamente o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia.

O pregoiero deste ano foi o cociñeiro Benigno Campos, presentador do popular "Larpeiros" da Televisión de Galicia e gran coñecedor dos caldos do Rosal e dos productos gastronómicos do Rosal e da Comarca do Baixo Miño.

Entre as adegas participantes atopamos as seguintes: Pedregales, Gaudila, Altos de Torona, Gran Novás, Quinta Couselo, Santiago Ruiz, Lagar de Cervera, Valmiñor, Terras Gauda e Quinta de la eRRE. Ademáis da participación dos productos vexetais envasados de A Rosaleira, un stand do Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas, así coma un stand da Ginebra realizada con mirabeis Ginabelle e o stand de Froitos do Rosal - Mirabel do Rosal.

Como non podía ser doutro xeito a oferta gastronómica tamén foi importante, contando coa participación de varias empresas hostaleiras coma o Restaurante Xantar, Restaurante As Brasas, Restaurante Trasmallo, Pulpería Tere, O Telleiro e Restaurante Casa Olga.

Na xornada do Venres, 17 de xullo, o grupo Quedequé realizou un pequeno concerto ás portas do Concello do Rosal, dando o punto de amenización musical desta xornada.

 

 

Na xornada do Sábado, 18 de xullo, tiñan lugar as Carreiras 10k para as categorías inferiores, e que contou cunha ampla participación de rapaces e rapazas.

O Acanor Atl. Novás aproveitou esta xornada para realizar a presentación oficial da plantilla para a tempada 2015/16 e afianzar a campaña de soci@s.

Na xornada do Domingo, 19 de xullo realizábase a Andaina 10k e Carreira 10K

A Sala de Exposicións do Concello acolleu un ano máis diferentes exposicións de pintura e escultura, así coma unha exposición filatélica(PINTURA de DARÍO ÁLVAREZ VALADARES, OBXECTOS RESTAURADOS DE Mª DOLORES RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, XXII MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO "VAL DO ROSAL" (Este ano estivo adicado á viticultura tradicional).

www.infomiño.com Fotógrafo:

Jorge Alonso Daldea

Jacinto Rodríguez Domínguez

Sara Carrera Coímbra 

  Fecha: 17-19 Xullo 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

HP DSC S510

Canon IXUS 160

     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones