Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A Festa do Peixe Espada congrega a milleiros de persoas na Guarda

Tras 9 anos sen celebrarse, nesta XIII edición a boa climatoloxía propiciou unha boa acollida de comensais

Tras 9 anos sen celebrarse, nesta XIII edición a boa climatoloxía propiciou unha boa acollida de comensais

Fecha: 01 de Agosto de 2016

Fuente: Infomiño.com

A derradeira fin de semana de xullo tivo lugar na Guarda a XIII Festa do Peixe Espada, un evento organizado por ORPAGU, Organización de Palangreros Guardeses en colaboración co Concello de A Guarda.

A Festa do Peixe Espada iniciouse no mediodía do sábado co pregón ofrecido polo cantautor guardés Tino Baz, entregándose despois os premios do XIII Concurso de Carteis da Festa do Peixe Espada e do I Concurso literario infantil "Homes e mulleres do mar".

O Sábado 30 e Domingo 31 de xullo os comensais poideron degustar o peixe espada elaborado de diferentes maneiras: a prancha, en empanada, salpicón, zorza de espada... nunha carpa habilitada para a ocasión na esplanada do Porto de A Guarda, contando coa participación de 5 establecementos de hostalaría de A Guarda, O Roxo, O Xeito, O Trasmallo, O Cangrexal e Xantar.

Esta festa retomouse neste ano, tras deixar de celebrarse dende o ano 2008, co principal obxectivo de promocionar os productos da pesca do palangre, como é o peixe espada, ademáis de promover o  potencial turístico de A Guarda e o bo facer dos seus hostaleiros e restauradores, cunha oferta gastronómica especial para a ocasión.

OR.PA.GU., a Organización de Palangreros Guardeses que organiza esta festa, logrou recuperar así unha celebración adicada a un peixe moi importante para a Guarda, pois a localidade ten o 40% da flota nacional do mesmo. Por iso para esta festa a organización puxo a disposición dos hostaleiros da vila arredor de 2.000 racións de peixe espada, para que todos os asistentes poidesen probalo nas distintas variedades preparadas polos cociñeiros locais.

Para o presidente de OR.PA.GU, Joaquín Cadilla, "é importante recuperar esta festa e promocionar un dos productos da pesca dos barcos de A Guarda.".

Outras Actividades

III Jornadas Internacionales de Pesca

A Guarda acogió el viernes día 29 de julio de 2016 las III Jornadas Internacionales de Pesca, un evento con relevancia internacional que atrajo a profesionales de todo el territorio nacional, así como de Japón y Uruguay.

(Ver reportaxe aquí)

II Proba Slalom Motonáutica

O club Deportivo Sen Amarras celebrou a segunda proba náutica do I Campionato Galego de Slálom Integrador no Porto de A Guarda. A principal característica da proba é a integración, os equipos estiveron formados por persoas con e sen discapacidade, utilizando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira fácil e sinxela.

 

IV Master de Futbolin

O IV Master de Futbolin Nacional tivo lugar os días 30 e 31 de xullo no Porto de A Guarda, actividade enmarcada tamén na Festa do Peixe Espada, que contou coma novidade deste ano cunha categoría amateur.

Showcooking de Chus Castro

Na tarde do domingo 31 de xullo, a cociñeira Chus Castro do Restaurante Bitadorna, foi a encargada da realización dun showcooking no cal realizou 4 pratos confeccionados con peixe espada, destacando as hamburguesas de espada con queixo de tetilla e tomates cherry ou o carpacho de peixe espada. 

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 30-31 xullo 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 Tras 9 anos sen celebrarse, nesta XIII edición a boa climatoloxía propiciou unha boa acollida de comensais

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones