Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA ACOLLERÁ O 30 DE DECEMBRO UNHA CARREIRA SOLIDARIA

Os participantes doarán alimentos e productos de primeira necesidade para os máis desfavorecidos do municipio

Fecha: 27 de Diciembre de 2012

Fuente: Infomiño.com

O pasado Martes día 11 de Decembro de 2012 tivo lugar no Salón de Plenos de A Guarda a presentación da Carreira Solidaria que se realizará o Domingo día 30 de Decembro de 2012 con punto de partida dende a Alameda de A Guarda.

Nesta presentación, na que se contou coa asistencia do Alcalde de A Guarda, a Concelleira de Servizos Sociais, o Concelleiro de Deportes e 3 organizadores deste evento solidario, explicáronse as características básicas desta proba deportiva, que busca a implicación dos deportistas e do pobo en xeral, para poder entregar alimentos ós máis necesitados so pobo a través dos Servizos Sociais, a Cruz Vermella e a o colectivo San Vicente de Paul.

 

Image

Para o alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas, se pón de manifesto novamente o carácter solidario do pobo guardés, así coma recentemente se inaugurou un monumento en homenaxe á Marea Branca da catástrofe do Prestige, nesta nova iniciativa se busca axudar a toda a xente que o está pasando mal nestes tempos que corren, coa Concellalía de Servizos Sociais desbordada de solicitudes.

A inscripción na proba deportiva é gratuíta e pode realizarse a través deste ENLACE  ó único que se pide e que os que participen nesta proba entreguen a cambio alimentos, productos de limpeza, aseo persoal, conservas, etc. Tamén poderán doar alimentos todos aqueles que o desexen dende as 9:00h do día 30 de Decembro nun espazo habilitado para este fin que estará ubicado na Alameda de A Guarda, punto de saída e de chegada desta proba deportiva solidaria.

Dende o Concello de A Guarda poránse todolos medios necesarios para o correcto desenvolvemento deste evento deportivo/solidario e fan un chamamento á solidaridade do pobo guardés cos máis necesitados.

Para Carlos Alonso, esta iniciativa busca conxugar o deporte co galo da celebración de San Silvestre co aporte solidario de alimentos, e espérase unha participación aproximada de 300 atletas.

Jesús Montero explicou o percorrido deste evento deportivo, que sairá dende a Alameda de A Guarda ás 11:30h da mañá, pasando pola rúa Concepción Arenal ata chegar á rúa Fdez. Albor do Porto de A Guarda, dende onde se continuará ata a EDAR de A Guarda enlazando coa senda litoral chegando ó Muíño. Ó chegar ó Muíño, subiráse ata a residencia de maiores e se seguirá o trazado asfaltado ata a armona, onde se baixará ata o paseo próximo ó río Miño en dirección ó Codesal, posteriormente A Pasaxe, para enlazar alí coa Av. de Portugal e continuar pola Rúa Rosalía de Castro ata chegar novamente a Alameda de A Guarda.

Armando Verde explicou que se contará coa presenza e participación do  deportista rosaleiro Óscar Vicente, e que, grazas á colaboración de establecementos comerciais do pobo se realizará ó final da proba diferentes sorteos de agasallos para os participantes.

A día de hoxe, explicaron, xa hai 30 persoas inscritas dende diferentes puntos da xeografía galega, e agardan que nos vindeiros días se sumen a este proxecto solidario moitos atletas máis.

Ó remate da carreira, realizaránse diferentes sorteos de obsequios entre os deportistas participantes xentileza de empresas da contorna, como menus en restaurantes,  fíns de semana en hoteis, sesións de fisioterapia, entre outros

 FOTOGRAFÍAS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones