Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA ACOLLERÁ O VINDEIRO LUNS A INAUGURACIÓN DO MONUMENTO EN HOMENAXE Á MAREA BRANCA

Operarios municipais, Concelleiro de Vías e Obras, o propulsor desta iniciativa e e técnicos das empresas colaboradoras participan na finalización deste monumento

Fecha: 17 de Noviembre de 2012

Fuente: Infomiño.com

O vindeiro día 19 de Novembro de 2012, cúmprense 10 anos dun dos desastres medioambientais máis graves acontecidos na costa Galega, o afundimento do petroleiro Prestige fronte as costas galegas con 77.000 toneladas de fuel a bordo mentres navegaba dende Letonia a Gibraltar

Gran parte da costa galega volveuse de cor negra polo "chapapote" e días despois de cor branca, o branco de milleiros de voluntarios, que dunha maneira desinteresada, e vidos de todalas partes do mundo, traballaron nas árduas labores de recollida e limpeza do litoral afectado.
 
Xabier Garrido, precursor e artífice desta iniciativa quere homenaxear a todas aquelas persoas que traballaron para que a día de hoxe a nosa costa recuperase o seu estado natural. Leva máis dun ano pedindo ós voluntarios que traballaron na limpeza do "chapapote" que remitan pequenas pedriñas acompañadas da súa historia coma voluntario, pedriñas que o vindeiro Luns día 19 de Novembro formarán parte deste monumento na base do monolito.
 
O monumento, que estará ubicado na zona de "fonte quente" na Ctra. de Circunvalación ó Monte Sta. Trega na Guarda(preto da Katanga), componse dun tronco  de madeira duns 18m. de lonxitude erguido en posición vertical sobre unha rocha de anortosita de 6 toneladas de peso e sobre unha base de formigón negro de forma circular. O tronco levará 5 aros de aceiro inoxidable e tamén se ubicará unha praca conmemorativa en aceiro inoxidable sobre a pedra. Na base estarán incrustadas as máis de 1600 pedras que ten recibido Xabier dos voluntarios ata a data, algunhas delas remitidas dende Colombia ou Venezuela, ou procedentes de lugares coma exipto.
 
O tronco empregado neste monumento ten unha historia singular, posto que foi atopado na costa de Oia, e segundo se soubo despois mediante unha pequena chapa incrustada no mesmo, viaxou á deriva dende Oregón, nos Estados Unidos de América. Para a súa preparación coma símbolo característico e principal deste monumento se realizaron diversos traballos sobre el, coma un lavado a presión, tres cepillados,  acondicionado da súa base ou un chorreo con chapapote.
 
Como homenaxe a todos eses homes e mulleres que, provintes de tódalas partes, participaron na retirada do chapapote, o luns 19 de novembro, ás 12.00 horas, inauguraráse o "Monumento á Marea Branca".
 
Dende esta semana operarios municipais e técnicos das empresas colaboradoras, acompañados de Xavi Garrido, comezaron as tarefas de adecuación do entorno do monumento, para que todo esté finalizado o vindeiro Luns, cando se realizará esta homenaxe.
 
O monumento á Marea Branca de A Guarda será un monumento activo e que se actualizará ano tras ano incorporando novas pedriñas recibidas, recordando cada 19 de Novembro a traxedia do Prestige e para que non se esqueza o labor de todolos voluntarios que limparon a costa galega da ameaza ecolóxica do "chapapote".
 
O Proxecto Homenaxe Marea Branca continúa, esperamos a túa pedra en:
HOMENAXE A MAREA BRANCA
Pedornes, Nº63 CP.36390 OIA - PONTEVEDRA

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones