Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA ACOLLEU A V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS

Como en edicións anteriores, o lugar de celebración é o Porto da localidade, e a súa programación estivo chea de actividades para todos os públicos.

Como en edicións anteriores, o lugar de celebración é o Porto da localidade, e a súa programación estivo chea de actividades para todos os públicos.

Fecha: 27 de Julio de 2015

Fuente: Infomiño.com

A pasada fin de semana tivo lugar na Guarda a "V Mostra das Tradicións Mariñeiras", organizada pola Asociación de Redeiras Atalaia e o Concello da Guarda, rendendo homenaxe nesta edición ó traballo dos "Gameleiros". Como en edicións anteriores, o lugar de celebración é o Porto da localidade, e a súa programación estivo chea de actividades para todos os públicos.

Tanto o venres, coma o sábado, e tamén o domingo, estiveron abertas varias exposicións. O Museo do Mar, tivo aberta a exposición permanente e ademais se ofreceu unha mostra de diferentes embarcacións tradicionais, entre as que destacaron, por exemplo, a "masseira ancorense" ou a gamela guardesa de vela adaptada.

Na carpa houbo dúas exposicións fotográficas. A primeira delas tiña por nome "Gameleiros" e as imaxes son dos autores Miro Villar e Manuel Álvarez. A outra, da man de Aurora Rego, presentou as instantáneas que forman a colección "Familia de pescadores de ascendencia galega". Neste recinto tamén estivo instalada unha taberna mariñeira e foi o espazo no que se levaron a cabo os diferentes obradoiros.

Diversos colectivos guardeses tamén presentaron exposicións na nave das redeiras. Entre elas unha de Anabam, outra de CEMMA e tamén do traxe mariñeiro.

Durante os tres días tamén estivo colocado un mercado mariñeiro na rúa do Porto que ofreceu diferentes produtos en diversos stands.

Para os nenos e nenas houbo xogos populares organizados por ALTEGA Educación e Lecer, ademais de piscina para actividades lúdicas ou un concurso de barcos de papel, entre outras actividades.

Os obradoiros e as actuacións musicais diferenciáronse por días. Así, mentres os talleres de cerámica, cestería, nós, cordería ou encascado, estiveron abertos á participación do público tanto o venres, coma o sábado e o domingo, o obradoiro de foguetes de auga só se realizou na tarde do sábado pola tarde.

Pola súa banda, o obradoiro de cociña "Ponlle as pilas ó teu bocata" promovido pola Xunta, celebrouse o domingo.

Os eventos pola noite foron moi variados. Así, o venres tivo lugar a "Revista Oral" presentada por Paco Lodeiro, que explicou ós presentes as diferentes tradicións mariñeiras.

O sábado, dende as 22,30 horas, o "Serán Mariñeiro" no que participaron varios grupos de folclore.

Os encargados de pechar as noites desta "V Mostra das Tradicións Mariñeiras" foron os compoñentes do grupo "Pelepau".

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 25 Xullo 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon A3500 IS
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones