Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA CELEBRARÁ O CENTENARIO DAS FESTAS DO MONTE CUNHA QUINCENA DE FESTEXOS

A presentación da programación levouse a cabo o pasado Sábado no Centro Cultural de A Guarda

Fecha: 10 de Junio de 2013

Fuente: Infomiño.com

 

Ver Cartel coa programación completa AQUI

O Centro Cultural de A Guarda acolleu na mañá do pasado Sábado día 8 de Xuño de 2013 a presentación, por parte da Comisión de Festas-Asoc. Cultural O Cancelón, da programación do Centenario das Festas do Monte 1913-2013.

Segundo explicou o comité organizador, o Centenario das Festas do Monte será do 5 ó 19 de Agosto de 2013, realizándose a subida ñó Monte Sta Trega o Domingo día 18 de Agosto.

As festas comezarán o Venres día 2 de Agosto co Pregón, no Auditorio de San Benito, a cargo da ex-alcaldesa Dona Purificación Álvarez Álvarez, seguido dun festival folclórico.

Unha quincena de noites de verbenas na que pasarán pola guarda multitude de orquestras e grupos musicais, contando coa actuación estelar do grupo Ráfaga o Mércores 14 de Agosto e con 3 participantes do Concurso televisivo "La Voz" o Sábado 17 de Agosto.

A maioría de actividades que se realizaron na pasada edición voltan a realizarse neste centenario, coma o caso das Carreiras Pedestres Populares(Sábado 3 de Agosto), O Torneo de Pesca Deportiva(Domingo 4 de Agosto), Concerto Homenaxe Terceira Idade(Luns 5 de Agosto), Marcha Cicloturista Popular(Mércores 7 de Agosto), Trofeo de ciclismo(Xoves 8 de Agosto), Festa do Percebe e productos da Terra e do Mar(Sábado 10 e Domingo 11), Trofeo Futbol Infantil, (Luns 12 de Agosto), Campionato de Xadréz(Martes 13 de Agosto), Gran desfile folclórico tradicional con bandas mariñeiras(Sábado 17 de Agosto), Tradicional desfeita e Subida ó Monte(Domingo 18 de Agosto),Gran Tirada de Fogos de Artificio(Luns 19 de Agosto).

Este ano a comisión de festexos sorteará unha casa prefabricada e venderá diferentes productos de merchandising, coma camisolas, tazas, bandeirolas, e demáis, que poderán adquirirse na caseta da comisión na Alameda de A Guarda. Está previsto que o Libro do Centenario, que se realizará a todo cor, estea preparado en aproximadamente unha ou dúas semanas.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso D.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

Etiquetas de la sección

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones