Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA CONTA XA CO PLAN DIRECTOR DA PENÍNSULA DO MONTE SANTA TREGA

O acto celebrouse o Xoves día 22 de Novembro de 2012

Fecha: 23 de Noviembre de 2012

Fuente: Infomiño.com / Xunta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe á corporación municipal e aos veciños da Guarda o Plan Director da Península do Monte de Santa Trega, un documento que servirá para coñecer o estado deste xacemento arqueolóxico, establecer as condicións de conservación e fixar unhas directrices de ordenación e usos deste espazo histórico. Neste acto participaron o director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, e o coordinador do equipo redactor, Mario Crecente.

 

A Xunta de Galicia encargara, por medio dun concurso público, a redacción deste Plan Director co obxectivo de coñecer as ferramentas de xestión adecuadas e as propostas de actuación pertinentes para acadar a conservación dun grande parque cultural baseado no xacemento arqueolóxico e de todos os seus elementos patrimoniais, paisaxísticos e culturais. Todo este traballo foi realizado por un equipo multidisciplinar, dirixido polo arquitecto Mario Crecente e formado por máis de vinte profesionais, científicos e profesores de ampla experiencia.

 

O director xeral do Patrimonio Cultural asegurou que, tras a redacción e aprobación deste documento, “ponse ao servizo de todas as administracións, axentes e propietarios, unha ferramenta técnica imprescindible para desenvolver, de forma coherente, planificada e axeitada aos valores culturais, as actuacións que permitan o desenvolvemento sustentable deste lugar único, o monte de Santa Trega”.

 

Rey Pichel explicou que “este caderno de ruta vai ser referencia tanto para os proxectos de actuación, de dinamización e de posta en valor que se desenvolvan no futuro, como para os documentos urbanísticos, de ordenación do territorio e mesmo de protección do patrimonio cultural que se poidan tramitar”.

 

Apartados do Plan

O Plan Director para o Monte Trega, que xa está aprobado pola Dirección Xeral, estrutúrase en tres apartados principais: coñecemento, diagnose e intervención. O Plan director aborda, en  primeiro lugar, a análise e descrición pormenorizada do lugar, dos seus valores culturais, recursos e elementos e axentes discordantes e dos fondos documentais, cunha visión integradora dese corpo documental que pode ser destinado ás funcións de protección, divulgación e concienciación.

 

En segundo lugar, realizouse unha diagnose do estado de conservación atendendo aos impactos e as interferencias que o deturpan non só no eido cultural senón á escala da paisaxe, do territorio e do desenvolvemento social, económico e turístico. Analizáronse tamén as cuestións relacionadas coa xestión do recurso e a súa potenciación e desenvolvemento por medio do seu manexo acaído e sostible.

 

Por último, propóñense diferentes intervencións que se organizan por ámbitos, necesidades e urxencia, así como por áreas de investigación e áreas de coñecemento e xestión (urbanística, medioambiental, patrimonial etc). Con esa finalidade desenvólvense as distintas propostas construtivas e arquitectónicas nun nivel de anteproxecto e preséntanse as ferramentas xurídicas e administrativas axeitadas para levalas adiante.

 

Intervencións

O Plan Director complétase cun estudo de xestión, que inclúe propostas de actuación con especial atención á posta en valor do Monte Trega, á conservación do seu patrimonio cultural e á potenciación da paisaxe e dos recursos turísticos e culturais como motor de desenvolvemento social e económico. Este documento-guía desenvolve, con diferentes niveis de profundidade, unhas trinta intervencións a realizar en varias anualidades. Estas actuacións poderán ser promovidas e financiadas por distintas institucións, de forma illada ou conxuntamente.  

 

A Consellería de Cultura e Educación, que xa destinou 208.000 euros para a redacción deste Plan Director, ten previsto realizar diferentes traballos de conservación, consolidación e de investigación do conxunto de arqueolóxico de Santa Trega, tendo sempre en conta as dispoñibilidades orzamentarias.

FOTOGRAFÍAS

 

Fotografía

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones