Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Especial - A Guarda pecha o Entroido 2020 cun multitudinario desfile

Este ano foi un dos desfiles máis numerosos e multitudinarios que se recorda na Guarda

Fecha: 25 de Febrero de 2020

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O martes día 25 de febreiro celebrábase na Guarda o Desfile de Entroido 2020, evento que puña o broche de ouro a unha programación de entroido na que non faltou a gastronomía, a festa, a animación infantil, a música e os coloridos e vistosos desfiles dos Coles e Desfile de Entroido.

Ás 17:30h saía, como é habitual, o Desfile de Entroido dende a "Esquina Famosa", cun percorrido polas rúas da Guarda ata a Alameda acompañados da Batucada "Bate no Cobre de Matamá, que foi a encargada da apertura do desfile deste ano.

A diferenza doutros anos o desfile deste ano realizouse co ánimo de animar á maior cantidade de xente posible, coa participación de asociacións, colectivos e grupos de amigos e todos os nenos e nenas que participaron recibiron un agasallo.

Este ano, ademáis dos disfraces individuais, contouse coa participación dun total de 5 grupos: Los muñecos de la tele, Molinillos de vento, Fadas e xigantes do Millo, Hippies e Papagaios. Ademais participaron 10 comparsas: Os galácticos, Batubaíña, As arpillas, Guerreros Mayas, Fútbol americano e animadoras, Trollalheiros, Grease, O noso mar, Co frío chegaron... e unha comparsa de Gondomar. No apartado de carrozas participaron un total de 4: Aladin, A Cruza Show, Bella y Bestia e O, a cidade esmeralda. En total destináronse 3670€ en axudas á participación destas categorías.

Este ano foi un dos desfiles máis numerosos e multitudinarios que se recorda na Guarda, unha ampla participación que prolongou a duración do desfile en case dúas horas, cunha afluencia tamén masiva de espectadores que encheron as rúas da vila.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

Este ano foi un dos desfiles máis numerosos e multitudinarios que se recorda na Guarda

 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí