Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - A Guarda presentou na sede de Turismo Rías Baixas a XXVI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira

Acto adicado á ensalzar a festa máis representativa da gastronomía da Guarda

Acto adicado á ensalzar a festa máis representativa da gastronomía da Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2016

Fuente: Infomiño.com

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e as Concelleiras de Turismo, Montse Magallanes, e de Cultura, Elena Baz, acudiron este venres día 17 de xuño ao Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra, para presentar unha nova edición da Festa da Langosta da Guarda.

Alí foron recibidos pola Presidenta da Deputación, Carmela Silva, nun acto adicado á ensalzar a festa máis representativa da gastronomía da Guarda, recoñecida tamén en toda a xeografía galega e norte de Portugal. O alcalde da Guarda convidou a todos os que o desexen a asistir á Festa da Langosta e da cociña mariñeira que se celebra na Guarda os días 1, 2 e 3 de xullo na que, ademais de atopar gastronomía da mellor calidade, tamén terán unha ampla e variada oferta musical e deportiva coa celebración, por exemplo, da Travesía a Nado do Porto da Guarda.

Durante esta presentación a Presidenta da Deputación, boa coñecedora da Guarda e da vida e gastronomía da localidade, deu fe do bo facer e do bo produto do lugar, pero quixo destacar a calidade das súas xentes e convidar a todos os pontevedreses, pontevedresas e persoas vidas de toda Galicia a chegarse a un lugar, cunha paisaxe e vida sociocultural única. Sen esquecer as delicias culinarias que poderán degustar.

Para demostrar isto o acto contou con Flor Mª Rosario, propietaria do Restaurante Cangrexal, que colabora na Festa da Langosta e con Lázaro Moreno, xerente da bodega Valtea, encargados de ensinar aos presentes unha pequena mostra do que se poderán atopar a primeira fin de semana de xullo na Guarda.

Para rematar o distendido acto, a Presidenta da Deputación, ademais de alabar a iniciativa do consistorio tamén quixo subliñar, entre bromas, que aínda que non recibira invitación formal podían estar seguros de que ela estaría os días 1, 2 e 3 de xullo na Guarda para desfrutar do lugar e da xente e para degustar os produtos da 26ª edición da Festa da Langosta e da cociña mariñeira.

 

 

www.infomiño.com

Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea  
  Fecha: 17 de xuño de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

Acto adicado á ensalzar a festa máis representativa da gastronomía da Guarda  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí