Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A GUARDA SE VISTE DE CORES COAS ALFOMBRAS FLORAIS DO SANTÍSIMO 2013

Esta celebración se consagra coma unha das máis coloridas da comarca do Baixo Miño

Fecha: 03 de Junio de 2013

Fuente: Infomiño.com

 

 

 

 

O municipio de A Guarda vivíu a pasada fin de semana as Festas do Santísimo e celebración do corpus coa confección de alfombras florais e a Procesión do Santísimo. Dende primeira hora da noite do sábado veciños das rúas e colaboradores comezan marcando o deseño das laboriosas alfombras, para proseguir coa confección das mesmas con flores e sal.

Os participantes neste laborioso e complicado traballo pasan toda a noite preparando este lucido velo de flores, pero é un traballo que xa se leva adiantando dende fai meses en numerosos baixos e bodegas familiares, coa preparación das flores, pétalos, palla e demáis compoñentes empregados na confección das mesmas.

Este ano a Praza do Reló e mailas rúas Ignacio Sobrino, Oliva, Hernán Cortes, José María Lomba Peña, Malteses e Concepción Arenal foron as rúas engalanadas cos tapices florais, ademáis na Ribeira destacou o deseño elaborado con sal tinguida de cores, que tamén se reproduxo noutra rúa cercana.

Moitos veciños da comarca e visitantes achegáronse para coñecer a súa elaboración durante a noite e o seu elaborado resultado antes da Procesión do Santísimo, que dende as 12:30h do Domingo percorreu as rúas.

Este ano o factor predominante foi o vento, o ano pasado foi a choiva, pero nalgunha das rúas se tivo que retrasar o traballo de confección por mor das ráfagas de vento que obrigaron a empregar mesmo pegamento e auga para evitar que as flores, colocadas estratéxicamente e seguindo un riguroso deseño, se movesen do seu sitio e luciran o deseño orixinal proposto por cada un dos comités organizativos, que por rúas, se encargaron da confección das mesmas.

Ás 12:00h comezaba a misa do Santísimo e sobre ás 12:30h a procesión, que saíu dende a Igrexa parroquial de A Guarda, chegaba ata a Praza do reló,  momento no cal se bendeciron as bandeiras do Concello e se lanzaron flores dende as balconadas, soltando tamén algunhas pombas.

A procesión seguiu polas rúas nas que se confeccionaron as alfombras florais durante a pasada madrugada, realizando diferentes paradas nos altares ubicados no seu percorrido.

A procesión foi seguida por moitos visitantes e guardeses que se congregaron nas rúas da vila para ver pasar a procesión e algúns deles a seguiron desde as súas casas, lanzando flores dende os balcóns ó paso da procesión.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea e Belén Domínguez Carrera

 

Ver reportaxe da confección das alfombras
Fotografía
Ver reportaxe das alfombras rematadas
Fotografía
Ver reportaxe da Procesión do Santísimo
Fotografía

 

 

RECOMIENDA INFOMIÑO.COM

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones