Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A Guarda vivíu unha intensa xornada este domingo coas alfombras florais e a procesión do Santísimo

A situación metereolóxica motivou que a confección das alfombras se realizase en tempo récord

O traballo dos diferentes equipos de voluntarios foi crucial para rematar a tempo as diferentes aflombras florais do percorrido da Procesión do Santísimo

Fecha: 30 de Mayo de 2016

Fuente: Infomiño.com

O Domingo 29 de Maio de 2016, A Guarda viviu unha intensa xornada coa Procesión do Señor, enmarcada nas Festas do Santísimo, na cal participan autoridades, hermandades, cofradías e os rapaces que realizan a súa primeira comunión, acompañados por centos de persoas e a Banda de Música de A Guarda.

Trala misa celebrada na Igrexa Parroquial de Santa María de A Guarda, pasadas  as 13:00h a procesión facía a súa chegada a Praza do reloxo ou Praza do Concello, momento no cal se bendeciron as bandeiras do Concello e se lanzaron flores dende as balconadas, soltando tamén algunhas pombas.

A procesión seguiu polas rúas nas que se confeccionaron as alfombras florais durante a pasada madrugada, realizando diferentes paradas nos 4 altares ubicados no seu percorrido.

A procesión foi seguida por moitos visitantes e guardeses que se congregaron nas rúas da vila para ver pasar a procesión e algúns deles a seguiron desde as súas casas, lanzando flores dende os balcóns ó paso da procesión.

Dende fai meses, centos de persoas voluntarias traballaron en baixos e casas na confección dos diseños e na preparación dos diferentes tipos de flores que se empregan na elaboración destas alfombras para o paso da procesión do Señor.

Nesta edición a situación metereolóxica obrigou a retrasar o inicio dos traballos de confección das alfombras, que se iniciou entorno ás 6:30h da madrugada, despois dunha intensa treboada. Debido a isto o traballo, que normalmente se fai durante toda a noite, se rematou nunhas horas, moi intensas para todos os voluntarios, que amosaron unha vez máis o seu compromiso co pobo de A Guarda e voltaron a tinguir de cores as rúas da vila. Seguíuse traballando ata ben entrada a mañá, e a excelente coordinación dos voluntarios fixo que o traballo estivese a punto para o paso Da Procesión, adiada máis de 30 minutos para permitir que se remataran a totalidade das alfombras florais.

Na confección das Alfombras Florais de A Guarda participan persoas de todalas idade, e mesmo familias completas que adican esta noite tan especial á elaboración artística das mesmas.

www.infomiño.com Fotógrafo:

Jorge Alonso Daldea

Belén Domínguez Carrera

 
  Fecha: 29 de Maio de 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon EOS 350d e 1000d

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

A situación metereolóxica motivou que a confección das alfombras se realizase en tempo récord

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones