Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - A MÚSICA REGGAE INVADE TOMIÑO COA IV EDICIÓN DO MINHO REGGAE SPLASH 2013

Milleiros de persoas achegáronse ó Espazo Fortaleza para disfrutar das actividades programadas

Fecha: 09 de Septiembre de 2013

Fuente: Infomiño.com

 

O Espazo Fortaleza de Goián, no Concello de Tomiño, foi o lugar elexido para a realización da cuarta edición do festival de música reggae "Minho Reggae Splash" celebrada o pasado Venres 6 e Sábado 7 de Setembro de 2013.

Milleiros de persoas achegáronse, dende diferentes puntos da xeografía galega, ata o Concello de Tomiño, convertido durante toda a fín de semana nun espazo para amantes da música reggae, nun marco incomparable ás beiras do Río Miño, no entorno da recentemente recuperada Fortaleza de San Lourenzo, agora Espazo Fortaleza en Goián.

A organización do evento dispuxo para todos os asistentes dunha zona de acampada, zona de xantar e mercado, facilitando a estadía dos asitentes ó evento que disfrutaron deste privilexiado e espazo.

A ampla programación de actividades, promovida pola Asociación Cultural Minho Reggae, productora do evento contando coa organización do Concello de Tomiño e na que Infomiño Noticias participou coma Media Partner, comezou na noite do Venres 6 de Setembro de 2013 coas actuacións dos grupos Ukiemana dende Brasil, Goymamba dende Madrid e Roberto Sánchez backed by zamaramandi dende Santander (backing band de Vigo).

Na xornada do Sábado día 7 de Setembro de 2013 as actividades comezaron cun SUNSET no que participaron Pana da Selva dende Venezuela e Natural Green dende Ferrol, seguido de diferentes WORKSHOPS de Percusión samba-reggae por APERTA, Danza africana por MESTURAS e Malabares e clow por ASACOCIRCO.

Durante o transcurso da tarde realizouse ademáis un itinerario de observación de flora e fauna do Baixo Miño.

Sobre ás 19:00 da tarde tiña lugar o show de Mesturas danza(danza africana) e do grupo Xerock percusión do Colexio San Xerome de A Guarda, seguido dunha actuación da Compañía Asacocirco malabares y clow e Lergui, la Luz percusión e danza africana dende Senegal-Galiza.

Xa sobre ás 21:30h tiña lugar a programación de concertos no palco principal do festival coas actuacións dos grupos Dandy Fever dende A Coruña, Tasty Grooves dende Madrid, Alpheus backed by Zamaramandi dende Londres (backing band de Vigo) e Chakras dende Noruega, finalizando con Sound System(Organic Roots Crew dende Madrid e Enki Sutta Dub dende Francia).

Sen dúbida unha cuarta edición que consolida unha vez máis este festival e sitúa a Tomiño no panorama estatal de festivais de música reggae da península.

Lois Vila, membro fundador da Asociación Cultural Minho Reggae, manifestaba a súa satisfacción polo bo transcurso do festival por terras tomiñesas, despois de terse celebrado as pasadas edicións na veciña localidade portuguesa de Vilanova de Cerveira, agardando poder realizar futuras edicións no Espazo Fortaleza de Tomiño. Lois Vila manifestaba tamén o seu agradecemento ó Concello de Tomiño, polo trato recibido por parte da alcaldesa Sandra González e da concelleira de Cultura, Cristina Martínez, facilitando unha correcta organización, tanto das actividades musicais e concertos, coma das diferentes actividades complementarias  enmarcadas neste festival.

VENRES 6

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea e Belén Domínguez Carrera

 

SÁBADO 7

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea e Belén Domínguez Carrera

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones