Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - A NOVA COMISIÓN DAS FESTAS DO MONTE 2012 PIDE A COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN DO COMERCIO E HOSTALERÍA DE A GUARDA

Así o reflexaron na xuntanza mantida o Xoves 26 de Abril de 2012 no Centro Cultural de A Guarda

Fecha: 27 de Abril de 2012

Fuente: Infomiño.com

O pasado Xoves día 26 de Abril de 2012 tivo lugar a 2º convocatoria de reunión para comerciantes e hostaleiros da vila de A Guarda para aportar propostas e atopar o apoio do tecido empresarial da vila coa nova Comisión de festexos que se encargará da organización das Festas do Monte 2012, que nesta edición podería incrementar o número de días debido ó festivo do día 15 de Agosto, aínda que non está confirmado de momento.
 
Dende a Asociación "O Cancelón" piden o apoio de todos para que as Festas do Monte se realicen valorando as diferentes propostas do empresariado guardés, entre os asistentes a reunión celebrada no Centro Cultural xurdiron algunhas propostas como a variación do día da tirada de fogos de artificio para o Martes 14 de Agosto, o que axudaría a que os visitantes disfruten máis desta xornada, posto que ó día seguinte é unha xornada festiva, ademáis de alongar nun día máis a duración das Festas cos conseguintes beneficios para o empresariado da vila, algo que valoraron positivamente os hostaleiros presentes na reunión.
 
Outras propostas que xurdiron foi a realización de actividades de dinamización na zona portuaria durante a semana de festas, como a realización dunha Feira de Artesanía, espectáculos musicais, entre outros eventos culturais.
 
Membros da Asociación Studio 88 propuxeron a realización dun festival de Baile, un evento que aínda nunca se fixo nas programacións de anos anteriores e unha proposta que valorará a nova comisión.
 
Un deseñador presente no acto ofreceuse para a realización do cartaz anunciador das Festas do ano 2012.
 
Ademáis propúxose a variación da data de realización do pregón das Festas para a fin de semana anterior e non no Luns, posto que coincidirían varios eventos á mesma hora e posto que xa hai actividades ligadas ás Festas do Monte que se realizan neste fín de semana previo.
 
De momento a nova Comisión está aberta a valorar todas aquelas propostas susceptibles de seren realizadas nesta edición 2012, e piden ós guardeses a que llas fagan chegar para a súa valoración e a que participen activamente coa comisión para acadar o maior consenso posible.
 
FOTOGRAFÍAS
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí