Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - A SEGUNDA EUROCIDADE GALEGA FORMALIZASE ENTRE VALENCA E TUI

A Sinatura do Protocolo da Eurocidade realizábase no Edificio da Antiga Alfándega de Valenca do Miño

Fecha: 13 de Febrero de 2012

Fuente: Infomiño.com

 

O pasado Venres día 10 de Febreiro de 2012, as cidades fronteirizas de Tui e Valença do Minho, asinaron o protocolo da Eurocidade, a segunda en Galicia tras Cháves-Verín.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e os alcaldes de Tui e Valença, Moisés Rodríguez e Jorge Salgueiro, formalizaron na mañá de onte a constitución da Eurocidade Tui-Valença, coa sinatura dun protocolo de cooperación entre ambos territorios, un día grande para ambos territorios e a Eurorrexión que conforman. De aí que, desde un primeiro momento, a Xunta estea a apostar pola cooperación transfronteiriza e por conseguir unha Eurorrexión punteira en Europa, baseada na proximidade e o coñecemento.

Alfonso Rueda explicou que o Goberno galego, a través da Comunidade de Traballo Galicia- Norte de Portugal, apoia a cooperación entre concellos e cámaras municipais, co obxecto de fornecer de servizos de calidade aos seus conveciños, especialmente agora cando a necesidade de compartir faise máis necesaria. Esta liña de cooperación é a que está a seguir a Xunta na súa política local, e polo tanto, a marca que lle quere imprimir á Eurocidade. Por iso, desde o Goberno galego seguirase fomentando, axudando e colaborando con todas as propostas que xurdan para mellorar a cooperación a ambos lados da raia.

A segunda Eurocidade galega
A Eurocidade Tui - Valença será a segunda que nace en Galicia, logo da de Verín - Chaves, que foron as primeiras poboacións na fronteira luso-española que acordaron traballar conxuntamente baixo a novidosa fórmula da Eurocidade.

O obxectivo principal da Eurocidade é acadar fórmulas para promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre as dúas cidades, de xeito que o “efecto fronteira” deixe de ser un inconveniente para se converter nunha oportunidade de desenvolvemento territorial e socioeconómico, promovendo a utilización de servizos comúns como instrumento dinamizador.

Avogarase por reforzar a cooperación e a mobilidade transfronteiriza para conseguir que os cidadáns teñan unhas administracións e uns servizos mais achegados ás súas necesidades, a través dunha xestión integrada dos recursos.

A Eurocidade Tui-Valença constitúe un expoñente de verdadeiro espazo público eurorrexional, de espazo compartido e próximo aos cidadáns, para que a Eurorrexión sexa percibida pola cidadanía como un instrumento útil e eficaz que mellora a súa calidade de vida e garante un futuro sustentable para as novas xeracións.

A sinatura do protocolo de colaboración desta mañá tivo lugar na antiga Alfándega Cultural de Valença e contou coa presenza da vicepresidenta da Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal, Ana Teresa Lehmann. O recinto alberga unha exposición para conmemorar o XX aniversario da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, composta por 25 paneis despregabres sobre as principais actividades da Comunidade de Traballo nestes vinte anos.
 
Durante a mañá a Radio Municipal de Tui realizou un programa especial dende Valença do Minho emitindo tamén conxuntamente coa Radio Vale do Minho, contando coa colaboración ao longo da mañá de distintos convidados entre os que estiveron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes.
 
A  Eurocidade corresponde ao territorio dos municipios de Valença e Tui, abranguendo 35 mil persoas que pasan a estar unidas, a pesar da separación física feita polo Río Miño e pola fronteira.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí