Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - AGUSTÍN HERNÁNDEZ VISITOU ONTE TOMIÑO DENTRO DOS ACTOS DE CAMPAÑA DO PARTIDO POPULAR

Neste mitin do PP en Tomiño participaron a candidata e voceira local do PP en Tomiño, Ana Paula Romeu, xunto coa secretaria xeral do PP provincial, Begoña Estévez , e o responsable de infraestruturas desta formación e conselleiro, Agustín Hernández.

Fecha: 12 de Noviembre de 2011

Fuente: Infomiño.com

O pasado Venres 11 de Nocembro de 2011 celebrouse no Restaurante Las Colinas de Tebra en Tomiño un mítin do Partido Popular no que estiveron a voceira local do PP en Tomiño, Ana Paula Romeu, xunto coa secretaria xeral do PP provincial, Begoña Estévez , e o responsable de infraestruturas desta formación e conselleiro, Agustín Hernández.

Neste mitin, no que acudiron máis de 200 persoas estiveron tamén presentes os alcaldes de Salceda, O Rosal e Tui, así coma o Deputado Provincial Pablo Baquero e o Conselleiro de Deportes Lete Laza.

A pesares de que estaba prevista a intervención de Ana Pastor, candidata ao Congreso polo Partido Popular, intervíu no seu lugar a parlamentaria Fany Iglesias, quen disculpou a ausencia da candidata e quen apostou polo voto a Rajoy como aposta de futuro, e que so deste xeito teremos por primeira veza un galego coma Presidente, unha persoa válida e coñecedora da nosa comunidade, que coñece de preto a Comarca do Baixo Miño

Begoña Estévez, Secretaria Xeral do Partido Popular de Pontevedra, pediu tamén o voto para o Partido Popular, engadindo que na actualidade, aínda que os acusan de recortes, o primeiro que fixo a alcaldesa de Tomiño, do BNG, foi subirse o seu soldo e contratar unha secretaria que supón un gasto anual de 22.000€.

A voceira local do PP Ana Romeu, criticou a nova fórmula de aforro enerxético levada a cabo polo goberno municipal de tomiño, considerando que "é unha medida na que se pon en risco, non só a seguridade vial, senón a propia seguridade dos veciños e veciñas de Tomiño".

Agustín hernandez explicou na súa intervención que "O BNG e o PSOE son o mesmo", criticando dende o parlamento á Xunta de Galicia, demostrando a súa cara dura e falta de vergoña", por este motivo pediu o voto popular, para realizar este cambio necesario, do cal os cidadáns serán partícipes este 20 de Novembro de 2011 cos seu votos.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí