Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - ALUMNOS DE TUI E A GUARDA RECIBEN A DOCUMENTACIÓN DAS SÚAS COOPERATIVAS BAIXO O PROXECTO -EMPRENDER NA MIÑA NA ESCOLA-

O acto celebrouse na mañá do Mércores día 6 de Febreiro de 2013

Fecha: 07 de Febrero de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Xoves día 7 de Febreiro de 2013 tivo lugar a entrega dos CIF´s das Cooperativas formadas por alumnos de centro educativos de Tui e A Guarda enmarcados no proxecto EME - COOPERANOVA.

Co obxectivo de difundir a cultura emprendedora entre o alumnado de primaria dos centros educativos da provincia, a Deputación Provincial, puxo de novo en marcha, no curso académico 2012-2013, o proxecto educativo "Emprender na miña escola  EME - COOPERANOVA", que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

"Emprender na miña Escola - EME Cooperanova" é un proxecto educativo dirixido o alumnado de Educación Primaria da provincia de Pontevedra, que consiste na creación e xestión dunha cooperativa escolar que mediante os principios de traballo en equipo, elaboren e comercien produtos nun mercado local.

O obxectivo deste proxecto é desenvolver hábitos e comportamentos emprendedores entre o alumnado, facilitando a súa integración social de xeito mais eficaz e satisfactoria á vez que se favorece o desenvolvemento de competencia básicas tales como:

-       Competencia en comunicación lingüística

-       Competencia matemática

-       Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico

-       Tratamento da información e competencia dixital

-       Competencia social e cidadá

-       Competencia cultural é artística

-       Competencia para aprender a aprender

-       Autonomía e iniciativa persoal

No curso 2012 e 2013 ampliouse o abano de centros a tódalas comarcas da provincia co fin de achegar ó mesmo ó maior número de beneficiarios posible.

Os centro participantes na comarca do Baixo Miño e as cooperativas creadas foron as seguintes:

COLEXIO

CONCELLO

NOMES DAS COOPERATIVAS

COOPERATIVAS

CEIP PLURILINGÜE Nª 1 TUI

Tui

MANITAS MONSTERS

6º (24 alumnos)

CEIP PLURILINGÜE AS SOLANAS

A Guarda

SOLATERA

PORTIÑO

4º e 5º (36 alumnos)

 

O alumnado participante foi quen de reunirse e celebrar a asemblea constituinte onde se elixiron democraticamente os postos da xunta directiva, (presidente/a, secretario/a e tesoreiro/a), ademais, tamén organizáronse os demais membros por distintos departamentos (mercadotecnia, calidade do produto, imaxe da cooperativa, relacións públicas... etc), tal e como estaba previsto no cronograma do proxecto.

Os seus membros aportaron o capital inicial e incorporaron nos seus estatutos a cláusula de responsabilidade  social onde indican, que parte dos seu beneficios iran destinados a unha organización con fins sociais.

Despois de traballar arreo nestes aspectos e unha vez rexistrados os estatutos na Deputación de Pontevedra, procedeuse no día de onte á celebrar o acto de entrega das Tarxetas de Inscrición como Cooperativas Escolares.

Tui:  11:15 horas

            Colexio Ceip Plurilingüe nº 1 (Cooperativa Manitas Monsters)

-          Asistiron:

o    Representante do Concello de Tui

o    Pablo Baquero Alvarez(Diputado Provincial)

o    Miguel Panette (Técnico Deputación Provincial)

 

A Guarda: 12:30 horas

            Colexio Ceip Plurilingúe As Solanas (Cooperativa Portiño e Cooperativa Solaterra)

-          Asistiron:

o    Fanny Iglesias

o    Pablo Baquero Alvarez(Diputado Provincial)

o    Miguel Panette (Técnico Deputación Provincial)

Para facer un seguimento pormenorizado do proxecto "Emprender na miña escola -       EME COOPERANOVA pódese consultar a páxina da Deputación www.depo.es ou no enlace correspondente http://emecooperanova.wordpress.com/

FOTOGRAFÍAS

 Fotografías de Eva González e Jorge Alonso

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones