Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - AMPLA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES NO NADAL DA EUROCIDADE TUI-VALENÇA

A Eurocidade Valenca-Tui oferta unha ampla programación de actividades nas festas de nadal 2015.

A Cámara Municipal de Valença do Minho oferta unha ampla programación de actividades nas festas de nadal 2015.

Fecha: 14 de Diciembre de 2015

Fuente: Infomiño.com

A Cámara Municipal de Valença do Minho oferta unha ampla programación de actividades nas festas de nadal 2015.

Fortaleza de Chocolate, Duendelândia, Compras com Prémios, Comboio de Natal e Festa dos Reis son os eventos principais da oferta de nadal e de reis de Valença que arrancou o pasado 1 de decembro e continuará ata o 9 de xaneiro. Valença vístese de  sons e sabores de nadal durante 40 dias, proporcionando unha oferta chea de atractivos.

Duendelândia, o Encanto da Pequenada
A Duendelândia estivo en Valença do 5 a 13 de decembro. Unha oportunidade para que os mais pequenos disfruten do mundo máxico da Duendelândia, coa Casa do Pai Natal, o percurso Duendaventura con arborismo suspenso, o Bosque Encantado, as pinturas faciais, e moitas actividades máis.

Comboio de Natal

Un tren turístico conecta á Eurocidade Tui-Valença durante estas festas de Nadal. Os usuarios que se suban ó tren poden coñecer o centro histórico tudense e a Fortaleza de Valença ou a beleza do río Miño atravesando a Ponte Internacional. Coma novidade o percorrido vai acompañado dunha locución explicativa do percorrido.

O punto de saída do tren en Tui é a Praza da Inmaculada. Hai frecuencias todos os días ás 11.30h, 12.30h e 13.30h e pola tarde ás 16.30h e 17.30h. A duración do traxecto é dunha hora, e o prezo do billete é de 3 euros para os adultos, 2 euros para os grupos de dez persoas ou máis e 1,5 euros para os nenos menores de 10 anos.

Con esta iniciativa, tanto Tui coma Valença pretenden impulsar o turismo nestas datas amosando os encantos da Eurocidade. O tren funciona diariamente ata o día de Reis.

Cabalgata internacional
O 5 de xaneiro terá lugar a tradicional Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Valença Tui, com saída dos Bombeiros de Valença, às 16h00.

Nesta programación figura tamén a Exposición Colectiva de Presépios que ata o 9 de xaneiro se pode visitar en Valença, ou a Exposición Colectiva de Beléns que do 19 de decembro ó 7 de xaneiro se amosará na Catedral de Tui e nas igrexas de San Francisco e San Telmo, así coma na Residencia San Telmo e no Convento das Encerradas. 

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 12 Decembro 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Xiaomi Hongmi redmi 2
Ver album de fotografías aquí    

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones