Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - APROBADO POR UNANIMIDADE O PROXECTO -PUESTA EN VALOR DEL CASTILLO DE SANTA CRUZ EN A GUARDA-

Aprobado por unanimidade na reunión extraordinaria do Pleno de A Guarda celebrada o Venres 16 de Septembro de 2011

Fecha: 17 de Septiembre de 2011

Fuente: Infomiño.com

A Corporación Municipal de A Guarda reunida en Pleno Extraordinario o pasado Venres 16 de Septembro de 2011 aprobou por unanimidade dos grupos políticos presentes o Proxecto "PUESTA EN VALOR DEL CASTILLO DE SANTA CRUZ EN A GUARDA" e o "BORRADOR CONVENIO COLABORACION CO MINISTERIO DE FOMENTO PARA O FINANCIAMENTO DAS OBRAS DE "PUESTA EN VALOR DEL CASTILLO DE SANTA CRUZ EN A GUARDA",E FACULTAR O SR. ALCALDE PARA A SUA SINATURA". 
 
A Lei de Patrimonio Histórico establece a obriga de destinar o 1% dos fondos que o Estado aporta nas obras públicas en traballos de conservación e mellora do Patrimonio Histórico Español.Nesta sesión extraordinaria celebrada ás 8:30h no Salón de Plenos do Concello de A Guarda, o Alcalde, Sr. José Manuel Domínguez Freitas, indicou que fai 5-6 anos levaronse a cabo actuacións de recuperación das murallas, desbroce e limpeza de camiños no entorno do Castelo de Santa Cruz, e que no 2006-2007 se acordou a realización neste recinto do Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Miño, obras que se iniciaron pero que quedaron inconclusas, pola negativa da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
 
Optouse por competir no 1% Cultural para Bens de Interese Cultural (BIC) a través do Ministerio de Cultura encargándose a redacción do proxecto e presentándose en Madrid, sendo concedido ó 75% do custe total das obras(1.033.931,14€) o pasado 5 de Xullo de 2011, quedando un 25% que será aportado por partes iguais polo Concello de A Guarda(12,5%) e pola Xunta de Galicia(12,5%).
 
Este proxecto inclue a recuperación das 3 partes de muralla que se atopan derruidas, a limpeza e poda das árboles do recinto, a recuperación dos camiños interiores, as obras de axardinamento e iluminación do recinto.
 
Nas intervencións dos diferentes partidos políticos neste pleno extraordinario, Converxencia Galega indicou a necesidade de incluir na licitación e adxudicación das obras a contratación de empresas e persoas desempleadas da comarca, por outra banda o BNG fixo un chamamento ó PP de A Guarda para que intente reducir o 12,5% que ten que aportar o Concello de A Guarda perante a Xunta de Galicia, posto que estas obras xa estaban en execución, polo que indican que a Xunta de Galicia debería de ser máis sensible rebaixando a cantidade a aportar polo Concello.
 
O PP indicou que este proxecto é moi importante para o pobo de A Guarda, engadindo que o proxecto é moi escueto e que se puido mellorar.
 
Pola súa banda o PSOE clarexou que na licitación destas obras se intentará contribuir á creación de emprego, premiando ás empresas que xeran emprego local e comarcal.
 
A Lei de Patrimonio Histórico establece a obriga de destinar o 1% dos fondos que o Estado aporta nas obras públicas en traballos de conservación e mellora do Patrimonio Histórico Español. Para participar nas convocatorias do que se coñece como o “un por cento cultural” é indispensable que o inmoble sobre o que se pretende actuar estea declarado Ben de Interese Cultural (BIC). É o caso do Castelo de Santa Cruz. 
 
O proxecto contempla completar a superficie pechada do castelo coa reconstrucción da cara sur do Baluarte da Guía, a cara leste do Baluarte de Santa Trega, parte da cortina sur (entre os baluartes de Santa Trega e San Sebastián), así como a cara oeste do Baluarte de San Sebastián. Ademais destas obras de reconstrucción de baluartes e murallas, o proxecto contempla o desbroce de malezas e o seu tratamento e a poda de árbores. Haberá tres zonas diferenciadas: a do parque botánico, o camiño de ronda que irá pavimentado en xabre , e a praza de armas con pradeira natural. Asimesmo contémplase o alumeado con luminarias de empotrar no chan, nas paredes e balizas. O total do proxecto ascende a 1.033.931,14 euros. 
Imaxes do Proxecto Básico e de Execución de Posta en valor  do Castelo de Santa Cruz redactado por.
PROXECTO CASTELO DE SANTA CRUZ FASE 1
PROXECTO CASTELO DE SANTA CRUZ FASE 1
 
FOTOGRAFÍAS
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones