Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - Ardentía e Milladoiro congregaron a máis de 3000 persoas en -Noites no Castelo-

Nesta cuarta edición contouse coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e Milladoiro

Nesta cuarta edición contouse coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e Milladoiro

Fecha: 24 de Julio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O pasado sábado día 21 de xullo o Castelo de Santa Cruz da Guarda acolleu a cuarta edición de «Noites no Castelo», un festival organizado dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra.

Nesta cuarta edición contouse coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e Milladoiro, nunha noite excepcional na que acudiron máis de 3000 asistentes para gozar da boa música feita en Galicia nun entorno máxico como é o Castelo de Santa Cruz, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).

O grupo Ardentía foi o encargado de abrir esta edición de Noites no Castelo, cunha posta en escea na que o grupo involucrou ao público asistente dende o comezo da súa actuación con música tradicional galega que incorpora instrumentos que non adoitaban estar presentes nas formacións de música folk galega coma birimbau, clarinete ou requinta. Moitos dos asistentes aproveitaron para bailar ao son de Ardentía.

Pouco despois das 23:30h da noite un dos grupos máis importantes de Galicia, Milladoiro, fixo a súa aparición sobre o escenario de «Noites no Castelo», esta formación, cunha traxectoria de máis de 35 anos, rememorou as mellores cancións dos seus 20 traballos discográficos e as novidades de "Atlántico" o seu último disco editado este mesmo ano e do que tocaron varias pezas, amenizando e pondo o broche final a esta nova edición.

O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda, pasando polo seu escenario grupos coma a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A Roda.

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

Nesta cuarta edición contouse coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e Milladoiro

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí