Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - AS REDEIRAS DE A GUARDA DIVERSIFICAN A SÚA ACTIVIDADE COMPLEMENTANDO O SEU TRABALLO COA ARTESANÍA

Susana Rodríguez puxo o proxecto desenvolvido polo Grupo de Acción Costeira de Vigo - A Guarda como exemplo de dinamización e de complementación económica

Fecha: 03 de Diciembre de 2012

Fuente: Infomiño.com / Xunta

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, enxalzou o labor de diversificación do Grupo de Acción Costeira número 7 da Ría de Vigo-A Guarda. Fíxoo na clausura da xornada de presentación do proxecto Diversificación da actividade das redeiras, unha iniciativa que conta coas achegas concedidas ao abeiro do GAC 7. A titular de Desenvolvemento Pesqueiro puxo esta iniciativa como exemplo de diversificación do traballo das redeiras e de complementación económica.

Obxectivo do proxecto
A iniciativa ten por obxecto divulgar a actividade das redeiras a través da venda de produtos de artesanía. Ademais, tamén busca capacitar ao colectivo nas tarefas relacionadas coa artesanía, a través dunha formación práctica específica para o deseño de produtos artesanais coa colaboración de profesionais do deseño. Así acádase a diversificación do traballo das redeiras, de xeito que poderían obter ingresos económicos complementarios que permitirán unha mellora na súa calidade de vida.

O desenvolvemento do proxecto realizarase a través de diferentes actividades como son os obradoiros divulgativos, onde as redeiras amosarán os seu traballo coas diferentes artes e aparellos; a realización dunha xornada sobre o traballo deste colectivo; a formación en fabricación de produtos artesanais –como bolsos ou bufandas- e a formación e promoción nas redes sociais. A iniciativa tamén contempla a elaboración de material divulgativo sobre a actividade das redeiras e da pesca na Guarda así como instalar un expositor para promocionar os produtos artesanais feitos por estas profesionais.

O proxecto supón un orzamento total de máis de 2.000 euros, dos que a Consellería do Medio Rural e do Mar subvenciona, a través do eixo 4 do Fondo Europeo da Pesca, o 80%.

Novo punto de venda de Artesanía de Galicia
Con motivo da presentación deste proxecto, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño” da Consellería de Economía e Industria abriu ao público un novo punto de promoción e venda de Artesanía de Galicia, que acollerá as novas creacións deste colectivo e outros produtos de 10 obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia. Esta nova apertura enmárcase na estratexia da Xunta para que a marca Artesanía de Galicia, presente xa en numerosos establecementos comerciais, conte con espazos propios en exclusiva en contornas singulares e de especial atracción de visitantes, contribuíndo, polo tanto, á mellora da comercialización e á promoción do produto artesanal galego.

Neste labor, as Consellerías de Economía e Industria e do Medio Rural e do Mar, puxeron en marcha no ano 2012 o proxecto “Enredadas. Cultura e oficio das Redeiras”. Esta iniciativa enmárcase na estratexia de impulso ao sector artesán galego e á recuperación dos oficios tradicionais. O obxectivo principal é amosar o traballo, a tradición e o oficio das redeiras artesás, iniciando ademais actividades de diversificación económica dirixidas a produtos de artesanía.

No 2012 leváronse a cabo cinco cursos de formación especializada para a creación de novos produtos que poidan contribuír a unha mellora económica e posta en valor do seu traballo.

FOTOGRAFÍAS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones