Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - BALANCE DE CORES TOURÍS DO INVESTIMENTO REALIZADO POLA XUNTA NA COMARCA DO BAIXO MIÑO NESTA LEXISLATURA

José Manuel Cores Tourís fixo balance na mañá de onte xunto cos alcaldes de Tui, O Rosal e Oia

Fecha: 23 de Mayo de 2012

Fuente: Infomiño.com

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo balance na mañá de onte día Martes 22 de Maio de 2012 dos tres primeiros anos da actual lexislatura destacando os proxectos postos en marcha pola administración autonómica na comarca Baixo Miño.

Na rolda de prensa, que se realizou no salón de plenos do concello de Tui, o delegado territorial estivo acompañado polos alcaldes de Oia, O Rosal e Tui.

O delegado territorial insistiu na defensa do modelo de administración periférica posto en marcha polo actual Goberno da Xunta. "Tras tres anos de traballo demostramos que está a funcionar correctamente, xa que supuxo unha importante racionalización dos recursos, unha maior eficiencia dos medios e da xestión da administración". Deste xeito, destacou os máis de catro millóns douscentos mil euros de aforro (4.233.256 euros) conseguidos grazas á redución dun 32% en altos cargos, redución do gasto enerxético, alugueiros e vehículos oficiais, así como grazas a utilización do parque móbil propio no eido da Xustiza, reducindo a utilización de taxis.

José Manuel Cores Tourís destacou a actividade desenvolvida no edificio administrativo da Xunta en Campolongo, "onde a concentración das diferentes xefaturas territoriais así como do rexistro único facilitou enormemente as xestións do administrado. Deste xeito, cabe destacar os case 1.300.000 de entradas e saídas recollidos a través do Rexistro da Delegación. "Na actualidade, o rexistro atópase ao día o que significa que non existe retraso na tramitación dos asuntos dos cidadáns. Ademais, a eficiencia deste servizo ven demostrada polo feito de que, durante os últimos tres anos só tivemos 45 reclamacións, das cales 40 corresponden ao ano 2009, época na que se inaugurou o edificio e se axustaron os servizos", explicou o delegado territorial.

O delegado territorial tamén destacou os 92 cursos, conferencias e xornadas formativas postas en marcha nas salas do edificio administrativo ata o día de hoxe, así como as 45 mostras pictóricas, fotográficas e escultóricas que se organizaron na súa sala de exposicións.

En relación a actividade do propio delegado territorial da Xunta en Pontevedra, destacar o elevado número de reunións con axentes públicos e privados, tanto alcaldes, coma asociacións de veciños, comunidades de montes, ANPAS ou responsables empresariais durante estes tres anos, cunha media de 500 entrevistas anuais. Ademais, acudiu a comprobar a evolución e avance de obras de todo tipo, tanto no rural como nas zonas urbanas; traballou en accións de emerxencia ante situacións provocadas por temporais ou incendios; colaborou para solucionar polémicas veciñais e conflitos variados en relación a diversas iniciativas autonómicas e acompañou aos diversos conselleiros nas súas comparecencias e visitas. En total, máis de mil cen actos anuais. "Se sumamos estas iniciativas ás entrevistas, danos unha cifra cercada ás 5.000 accións executadas no que levamos de lexislatura, o que demostra a importante actividade que xera a Delegación Territorial", explicou Cores Tourís.

Sanidade
José Manuel Cores Tourís fixo balance da actividade da Xunta na comarca durante estes tres anos, explicando que en canto a Sanidade investíronse 600.000 euros en diversas melloras dos centros de saúde da comarca.

Deste xeito, nesta comarca destacan os 349.000 euros destinados á mellora do centro de saúde de Tomiño. "Actuamos para poñer fin a un dos graves problemas que arrastraba este novo centro de saúde que se convertía, coa chegada do verán, nun auténtico forno", explicou Cores Tourís.

Entre outros investimentos sanitarios no Baixo Miño, o delegado territorial destacou os máis de 65.000 euros destinados aos centros de saúde desta comarca para dotación de aparataxe como desfibriladores, ecógrafos e dermatoscopios.

Educación
En relación á Cultura e Educación, José Manuel Cores Tourís destacou que a Consellería de Cultura e Educación investiu nestes últimos tres anos máis de 22.400.000 euros en distintas obras nos centros educativos dos concellos dependentes da Delegación Territorial de Pontevedra. En concreto, na comarca de Baixo Miño, o montante total ascendeu a case case 2,2 millóns de euros.

Entre as obras máis relevantes realizadas no eido da Educación nesta comarca se atopan os 175.000 euros investidos no CRA María Zambrano de O Rosal onde se creou unha nova aula, melloráronse os aseos e executando un despacho para titorías. "Esta obra permitiu devolver á gardería municipal do concello as dúas aulas que estaban a ser utilizadas ata es momento polo colexio", explicou o responsable territorial. Neste concello destináronse tamén 250.000 euros para o CEIP Manuel Suárez Marquier. "Nestes intres estanse a executar os aseos deste colexio, dando cumprimento así ao compromiso adquirido por esta Delegación Territorial", asegurou Cores Tourís, quen agradeceu a este respecto a colaboración do concello.

En Tui executáronse obras no centro IES Francisco Sánchez por máis de 200.000 euros para reparación de diversas deficiencias, mellora enerxética e adecuación da rede de datos. Ademais, neste centro adecuouse a casa do conserxe de cara a súa utilización coma novas aulas. A maiores, destináronse outros 450.000 euros para melloras no resto de centros educativos do municipio. "Neste concello estanse a executar os aseos do ximnasio do CEIP Número 2 por un montante de 40.000 euros, obras que acaba de iniciar o concello en relación e que nós continuaremos xa que están a punto de licitarse a parte que nos corresponde destes traballos", explicou Cores Tourís.

Para o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén cabe destacar o feito de que no 2011 se solucionou a demanda dun coidador para unha nena con necesidades especiais no CEIP Mestre Manuel García de Oia.

A Consellería de Educación destinou 480.000 euros para diversos arranxos nos centros de A Guarda, en concreto para obras de mellora do CEIP Manuel Rodríguez Sinde e no IES A Sangriña. "Precisamente neste centro de Secundaria investíronse 338.000 euros en conceptos como a mellora da accesibilidade, reparacións eléctricas, reposición de cuberta do pavillón e dos talleres, así como na rede de datos", explicou Cores Tourís.

Finalmente, en Tomiño, destináronse 600.000 euros para diversas obras de Primaria e Secundaria. "Recentemente anunciamos obras de mellora eléctrica en varios centros educativos deste concello como o CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián e o CEP Pedro Caselles Beltrán", engadiu o responsable territorial.

Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
No eido do Medio Ambiente, o delegado territorial mostrou a súa satisfacción polos máis de 26 millóns de euros que se investiron nesta comarca, tanto no eido da mellora de estradas como no relativo a Augas de Galicia.

Precisamente, a este último ámbito, o do saneamento e abastecemento de auga, destináronse un total de 7,3 millóns de euros. E en relación a vivenda, o IGVS investiu nesta comarca 624.000 euros. Precisamente, neste último eido, Cores Tourís destacou, como novidade, a reforma que se vai a levar a cabo no casco histórico de Tui, obras que subvencionará nun 22,79% o Instituto Galego da Vivenda e Solo e no que colaborará tamén o Ministerio de Fomento e o concello ata un total de 564.000 euros.

En canto a Augas de Galicia, cabe destacar a execución do colector xeral do río Furnia que da servizo aos concellos de Tui e Tomiño e que foi adxudicado por 1,7 millóns de euros. Tamén destacou Cores Tourís a explotación do sistema de saneamento do río Louro e da estación depuradora de augas residuais de Guillarei por case 4 millóns de euros e que da servizo aos concellos de Tui, Porriño, Mos e Salceda de Caselas. "Esta EDAR constitúe un paso fundamental no saneamento do río Louro", argumentou o delegado territorial quen insistiu tamén nos traballos do colector xeral de San Simón, que da servizo a 1.500 usuarios de Rebordáns e Ribadelouro e que tamén permitirá mellorar a calidade da auga deste río. A maiores, tamén destacou Cores Tourís as obras realizadas nesta lexislatura para a mellora da ETAP de Tui.

No concello de Tui, ademais, este departamento autonómico investiu 212.000 euros en diversas conexións secundarias. No caso de A Guarda, investíronse 1,9 millóns de euros en obras de saneamento en varias rúas e parroquias da localidade así como no depósito de regulación deste municipio.

A maiores, Aguas de Galicia tamén investiu 1,6 millóns de euros nas obras da bacía do río Cereixo no concello de Tomiño, que permitiron mellorar a rede de colectores. A actuación centrouse na rede de colectores dos núcleos de Tebra, Lubián, O Casal, O Porto, O Carballal, A Igrexa ou A Bouzafría. "Ademais destas obras, o proxecto tamén incorporou actuacións ambientais e de recuperación do patrimonio, como a rehabilitación dun muíño ou a restauración da Ponte Taborda", explicou Cores Tourís.

No concello de Oia, a Xunta anunciou recentemente o investimento de 600.000 euros para garantir a seguridade da poboación no caso de enchentes nesta localidade. "Deberase completar a reforestación da conca fluvial, para actuar sobre a causa do problema, o cambio do uso do solo", explicou o delegado territorial quen engadiu que "proponse a curto prazo a actuar sobre o cauce dos ríos mellorando a súa capacidade hidráulica, e a construción dunha barreira para reter as grandes rochas que poidan causar danos". Tamén destacou Cores Tourís os cerca de 300.000 euros destinados neste concello aos traballos de reforzo do abastecemento de auga potable en Santa María de Oia.

Finalmente, en canto ao concello de O Rosal, o delegado territorial incidiu nos 200.000 euros destinados ao saneamento da parroquia de Valdemiñotos e na mellora do saneamento en Tabagón.

En relación a mellora de estradas, un dos proxectos máis destacables é a e execución da futura VAP Tui-A Guarda. Recentemente, segundo apuntou o delegado territorial, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comprometeuse a executar os accesos ao polígono de Areas dende a autovía A-55 a través dun ramal de saída e coa mínima afección para os veciños. "A opción de enlace elixida contemplará un paso inferior para executar nun futuro un semienlace de glorietas a ambos lados".

Tal e como explicou Cores Tourís, "os tramos enlace Tui- enlace PO-350 (treito I) e enlace de Goián- A Guarda (treito III) están en execución, o que se traduce nun investimento de preto de 65 millóns de euros para preto de 14 quilómetros deste vial. Os tramos II e IV (enlace PO-350- enlace Goián e variante da Guarda, respectivamente), xa contan con proxecto de trazado definitivo". Esta obra permitirá mellorar a calidade de vida e a seguridade viaria de 46.000 cidadáns do Baixo Miño.

No Rosal mellorouse a seguridade viaria da PO-552 cunha senda peonil, e ancheáronse dous pontóns entre Patas-Loureza na PO-534, mellorándose a maiores unha intersección desta estrada neste concello. "E tamén se reformou a travesía de Pancenteo na PO-353", engadiu Cores Tourís destacando que, "todas estas obras suman un investimento de máis de 100.000 euros, aos que hai que sumar case un millón de euros destinados á PO-353 para a mellora do seu firme".

O delegado territorial tamén incidiu nos 6,5 millóns de euros dedicados á construción do itinerario ciclista na PO-552 entre Baiona e a Guarda, así como os 3,2 millóns de euros destinados ao ensanche e acondicionamento da PO-342 entre Virxe do Camiño e Mosende. "A esta obra hai que engadir outro medio millón de euros que foi necesario investir con posterioridade para complementar os traballos", explicou Cores Tourís.

En Oia fixéronse obras na PO-552, onde se investiron 60.000 euros na execución de beirarrúas e iluminación.

Presidencia
No eido da Xustiza cabe destacar a reparación do teito, acondicionamento da sala do fiscal e do arquivo dos xulgados de Tui, onde tamén se reparou o sistema de calefacción. Ademais, a comezos de 2010 comenzou a funcionar o terceiro Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Tui, con 8 funcionarios nunhas instalacións cedidas polo concello no céntrico Paseo da Corredoira. "A remodelación deste local supuxo un investimento de 150.000 euros", explicou o delegado territorial.
O delegado territorial destacou as obras de humanización da praza do concello de Oia, por 25.000 euros así como a humanización do centro cultural de Tui por 30.000 euros.

Destacou tamén Cores Tourís o feito de que a Xunta leva tres exercicios consecutivos inxectando partidas complementarias ao fondo de cooperación local. "En 2012 o fondo non só se mantén senón que crece ata acadar os 115,2 millóns de euros para toda Galicia".

Por outra banda, en 2010, a administración autonómica a Xunta activou o Fondo de Compensación Ambiental, de xeito que os concellos galegos participen nos beneficios e da potencia xerada pola enerxía eólica. Entre 2010 e 2012, a Xunta terá repartido entre os concellos de Galicia unha achega global de 32 millóns de euros. "Nesta comarca, recibiron estas axudas os concellos de O Rosal, Oia e Tomiño", explicou Cores Tourís.

Economía e Industria
En Economía e Industria, o delegado territorial da Xunta destacou a labor de apoio a empresarios e PYMES co obxectivo de loitar contra a crise e o desemprego. Deste xeito, quixo incidir no feito de que o 80% dos avais outorgados pola Xunta de Galicia foron concedidos nestes últimos tres anos.

Cabe destacar a labor desenvolvida pola Dirección Xeral de Comercio que leva a investir nesta comarca máis de case 815.000 euros para axudas á dinamización, mellora de infraestruturas e equipamentos, así como modernización dos establecementos, tanto nas grandes vilas coma no rural.

Medio Rural e do Mar
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén fixo balance do desenvolvido no eido do Medio Rural e do Mar nestes tres últimos anos nesta comarca, destacando a labor de Portos de Galicia que investiu no concello de A Guarda 134.000 euros para a instalación dunha marquesiña e peche da mesma, reparacións da plataforma do ferry, así como para a instalación de pontóns.

Tamén fixo referencia Cores Tourís, no sector do mar, ás achegas da Consellería para industrias e flota pesqueira, por un montante de case 3,7 millóns de euros, destinados na súa gran maioría ao concello de A Guarda, así como outros 225.000 euros para recuperación dos recursos mariños.

No eido desta Consellería, cabe tamén destacar o investimento relativo a Medio Rural, e e en concreto, a infraestruturas agrarias, con case 2 millóns de euros, incluíndo as obras xa realizadas nestes tres anos e as proxectadas para o presente 2012. Neste senso, Cores Tourís incidiu no investido a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible (PDRS), "que supón máis de medio millón de euros". Tamén valorou outras melloras rurais coma a mellora do camiño de Laxes (Buxán-A Guarda), da infraestrutura viaria na parroquia de Loureza en Oia, ou o tratamento do camiño da Veiga en Tui.

En relación ao sector viticultor, o responsable territorial da Xunta en Pontevedra fixo referencia ao financiamento para o adianto do 100% do pago da colleita aberta polo IGAPE, "xa que o 90% dos beneficiarios desta liña de apoio pertencen á Denominación de Orixen Rías Baixas". En total, en Galicia beneficiáronse desta liña un total de 800 colleiteiros, para financiar facturas por un montante de 9,5 millóns de euros.

Cores Tourís engadiu que, a maiores, o apoio ao sector agrario nesta comarca tamén se viu reflectido grazas ás axudas ás explotacións agrarias, que recibiron máis de 2,4 millóns de euros, procedentes de subvencións do Servizo de Industrias Agrarias e do FOGGA. "No podemos esquecer que estamos a falar dunha das zonas vitivinícolas máis importantes da Denominación de Orixe Rías Baixas", engadiu o delegado territorial.

Ademais, destináronse outros case 2,7 millóns de euros para prevención de incendios e xestión dos montes.

Traballo e Benestar
Finalmente, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou o realizado en Pontevedra pola Consellería de Traballo e Benestar, onde se investiron 13,6 millóns de euros na comarca de Baixo Miño. "Tal cantidade ven a demostrar que o Goberno autonómico aposta polas políticas sociais e do emprego, especialmente importantes nesta actual situación de crise".

Deste xeito, en cooperación, obradoiros e axentes de emprego, a Xunta investiu nestas axudas máis de 4,2 millóns de euros. Tamén débese engadir neste apartado os máis de 3,7 millóns de euros destinados a formación tanto para entidades públicas coma privadas, "un aspecto fundamental para loitar contra o desemprego e favorecer a inserción dos traballadores en paro no mercado laboral".

 

FOTOGRAFÍAS

VIDEOS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones