Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - CHEO ABSOLUTO NA OBRA DE TEATRO A FILLA DE WOODY ALLEN EN A GUARDA

Celebrouse o pasado Xoves día 8 de Marzo no Salón de Actos do Centro Cultural de A Guarda

Fecha: 09 de Marzo de 2012

Fuente: Infomiño.com

O pasado Xoves día 8 de Marzo de 2012 tivo lugar no Salón de Actos do Centro Cultural de A Guarda a representación da Obra de Teatro "A Filla de Woody Allen" contando cunha ampla afluencia de público.

Entra en escena unha personaxe cunha gran maleta na man. Ao pouco, o público descobre que é a todas luces igual que Woody Allen, que se comporta coma el, que ten as mesmas teimas. Pero ela ignora o parecido. Está perdida, ignorante do evidente, na procura dunha identidade que todos coñecemos.

Sinopse do espectáculo
O punto de partida de A FILLA DE WOODY ALLEN é o inicio dunha viaxe, unha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iork, que toca o clarinete e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido. A viaxe a Nova Iork é a viaxe a un mundo ideal; é a procura de algo por definir, unha interrogante vital que non sabe se será respondida.

Equipo artístico
Creación colectiva de:

Santiago Cortegoso (director e encargado da ordenación do territorio textual)
Carmela Bueno (coreógrafa e encargada da ordenación do territorio xestual)
Marián Bañobre (actriz, deseñadora de vestiario e encargada da desordenación do territorio textual e xestual)

Colaboradores:

Diego Seixo (ordenación do territorio gráfico e fotográfico)
Anxo Graña (ordenación do territorio musical)
Salvador del Río (ordenación do territorio lumínico)
Raquel Martínez Olariaga (ordenación do territorio textil)

 

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones