Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - COMPLETADA LA I ETAPA DEL PROYECTO SOLIDARIO 1 EURO POR KM SOS CUERNO DE ÁFRICA

Se celebró el Domingo 16 de Octubre entre A Guarda y Tomiño

Fecha: 17 de Octubre de 2011

Fuente: Infomiño.com

O pasado Domingo 16 de Outubro de 2011 tivo lugar a saída dende a Alameda de A Guarda do Maratón Solidario "1 EURO POR KM SOS CUERNO DE AFRICA".

No punto de saída estiveron presentes o Alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas, o Concelleiro de Deportes, Sr. Xavier Crespo e a Concelleira de Servizos Sociais, Xuventude e Sanidade, Sra. Mª Teresa Vicente Baz.

Sobre as 11:00h da mañá, e seguindo co horario previsto o pelotón daba a saída dende a Alameda de A Guarda, sendo acompañados por un vehículo de apoio da organización que os seguíu de preto durante todo o percorrido pola PO-552 ata a chegada a Praza do Seixo en Tomiño.

Neste pelotón participante na I Etapa estiveron presentes os seguintes corredores: Mª DOLORES ENRIQUE, JESUS MONTERO, MANUEL GIL, CARLOS ALONSO, JOSE CARLOS FERREIRA, ROBERTO EXPOSITO, SONGY PENA, VICTOR PAZOS, MANUEL CIVIDANES, BORJA CADILLA, MIGUEL BAQUERO, JORGE MAURI e ARMANDO VERDE, quen foi o que tivo idea desta maratón solidaria.

Os corredores tardaron aproximadamente 1h e 24 minutos en realizar todo o percorrido de 15,9km entre A Guarda e Tomiño, chegando á Praza do Seixo de Tomiño sobre as 12:30h da mañá, onde algúns corredores desta maratón botaron en falta a presenza dalgunha autoridade municipal deste municipio.

Na xornada de hoxe Luns, a maratón continuará coa II Etapa entre Tomiño e Tui, con saída prevista para as 11:00h da mañá dende a Praza do Seixo de Tomiño.

Segundo a organización desta maratón, a idea básica é dar a volta a España correndo por relevos, creando conciencia da verdadeira catástrofe humanitaria no Corno de África e recabar fondos, 1 € por cada kilómetro percorrido, que serán aportados polos corredores e colaboradores que apadrinen kilómetros.

A crise alimentaria no Corno de África é unha hambruna que ocorre en moitas rexións como resultado dunha severa sequía que afecta por completo á rexión da África Oriental, nomeada coma "a peor en 60 anos", ten causado unha severa crise alimentaria ó longo de Somalia, Etiopía e Kenia, ameazando a subsistencia de máis de 12 millóns de persoas. Outros países dos arredores, incluídos Yibuti, Sudán, Dudán do Sur e partes de Uganda, vense ameazados tamén pola crisis.

Dende a crise de Etiopía de 1984, na que morreron un millón de persoas, se pensa que xa morreron ó redor de 10.000 persoas no sur de Somalia antes de que esta hambruna fose declarada. Estímase que un millón de persoas poderían morrer da hambruna, das cales 800.000 serían nenos.

Dende o proxecto  "1 EURO POR KM SOS CUERNO DE AFRICA" seguirán traballando para que a voz de todos os afectados non caia no olvido.

 

FOTOGRAFÍAS



VIDEOS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones