Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO EN TOMIÑO

Tivo lugar o pasado Martes 6 de Decembro na Praza da Mina de Tomiño

Fecha: 07 de Diciembre de 2011

Fuente: Infomiño.com

O pasado Martes día 6 de Decembro de 2011, coincidindo co día da Constitución Española, tivo lugar na Praza da Mina no Concello de Tomiño unha Concentración cidadá convocada pola "Plataforma en Defensa do Ensino Público do Baixo Miño".

Preto de 200 persoas achegáronse ata a Praza da Mina de Tomiño para reinvindicar melloras nos Centros Educativos da Comarca, e para que non se escatimen gastos na educación xa que a consideran unha inversión e non un gasto. Os distintos centros de ensino da bisbarra despregaron numerosas pancartas onde mostraron o seu descontento coa nefasta xestión da Consellería de Educación; "Pola Calidade do Ensino Público", "Coa vida dos nosos fillos non se xoga", "O dito pono por escrito", "xefe territorial; ten vergoña, moi mal, moi mal... arranxa a escola xa!", " o ximnasio é unha ruína, arranxádeo!", "Educación é un investimento, non un gasto!", "Tede dignidade, arranxade a electricidade!"...

As deficiencias nos centros e as necesidades pendentes de cubrir estiveron presentes en todo a acto, onde alumnos, profesores e nais leron un texto baixo o título de "Manifesto da Praza da Mina" que na súa parte central recollía algúnhas desas deficiencias. No acto coreáronse consignas contra os recortes e cantouse unha versión da "Saia da Carolina" moi recortada pola xestión da Consellería de Educación. 

A parte lúdica correu a cargo de varios gaiteiros que fixeron un pequeno concerto na parte central da praza e da degustación de rosca ofrecida por diversas entidades comerciais da zona. Unha nai pediu o micrófono da organización para falar en nome das nais que sempre se manteñen no silenzo e que están indignadas con esta grave situación.

Para pechar o acto  fíxoselle unha avaliación á Consellería de Educación pola súa xestión neste primeiro trimestre do curso, o resultado foi de INSUFICIENTE, pero encomendouse aos responsables deste órgano da Xunta de Galicia a "recuperar" esta materia nos próximos meses.

 

MANIFESTO da “Praza da Mina” 

 

Hoxe, 6 de decembro de 2011; día da Constitución Española, queremos reivindicar desde aquí, desde a Praza da Mina de Tomiño, o dereito constitucional fundamental ao Ensino que recolle esta lei no seu artigo 27:

“…Todos temos dereito ao Ensino…”, “… o Ensino básico é obrigatorio e gratuíto…”

Desde os centros de Ensino Público da Guarda, O Rosal e Tomiño manifestamos, en consecuencia, o noso descontento coa práctica dos “recortes” cos que a Consellería de Educación está a ameazar o ensino público e de calidade.

 

  • Porque a Consellería non responde con dilixencia ás demandas dos centros
  • Porque moitas aulas do Baixo Miño están masificadas.
  • Porque non hai profesorado suficiente para cubrir as gardas lectivas e poder así substituír os que non poden impartir a clase (por estar nunha saída didáctica, de baixa, etc.)
  • Porque se lle obriga a determinados especialistas en pedagoxía e Audición e Linguaxe a compartir centros.
  • Porque non hai profesores para atender todas as necesidades educativas existentes, tales como: proxectos educativos, aulas TIC, normalización e bibliotecas, atención ao alumnado con dificultades, etc…

 

  • Porque a Consellería obriga a algún profesorado a completar horarios impartindo clases das materias das que non son especialistas sen asegurarse que a dominan: de matemáticas dando motores, de latín dando informática ou de informática dando grego, por exemplo.

 

 Desde a Praza da Mina pedimoslle ás autoridades educativas que velen para que se poida ofrecer ao alumnado a atención e a calidade que precisan na educación, evitando a masificación nas aulas e ofrecendo o profesorado especialista apropiado para cada materia xa que neste momento continúa a haber profesores a dar materias das que non son especialistas.

Porque a Educación non é un privilexio senón un DEREITO!

 

A Comunidade escolar dos centros de ensino da Guarda, O Rosal e Tomiño martes 06 de decembro de 2011

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones