Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - DAVILA ASEGURA QUE SÓ O VOTO AO BNG GARANTE UNHA APOSTA FIRME POLA ECONOMÍA PRODUTIVA FRONTE Á ESPECULATIVA

A candidata nacionalista advirte de que son as políticas de dereitas as que conduciron á crise e alerta sobre as propostas do PP-CEOE para abaratar o despido

Fecha: 11 de Noviembre de 2011

Fuente: Infomiño.com / Bng

A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Pontevedra, Olaia Fernándz Davila, afirmou hoxe nun mítin na Guarda que hoxe cómpre máis que nunca defender e mobilizarse pola economía produtiva fronte á especulativa “que non só nos conduciu á crise que padecemos senón que día a día fai que esta se recrudeza”.

 

Davila asegurou que seguir apostando por un modelo económico que favoreza aos mercados, como propoñen PP e PSOE, non vai contribuir a superar a actual situación económica senón que só vai traer consigo máis desemprego e menos crecimento, “por iso é tan importante votar alternativa, non alternancia, e esa alternativa en Galiza a representa o BNG”.

 

A candidata nacionalista asegurou que está demostrado que só os Estados cunha fiscalidade avanzada, como a que propón o BNG, que faga pagar máis a quen máis ten e persiga a fraude, son os que mellor están resistindo a crise, “o mesmo que os Estados que teñen máis blindado o seu mercado laboral”.

 

Para Davila, nin PP nin PSOE camiñan nesta dirección, o candidato do PSOE “porque por máis que diga nos debates electorais, logo vén a súa propia ministra de Economía e o desautoriza e ten detrás todas as políticas que asinou sendo Goberno, por iso non é críbel” e sobre o candidato do PP advertiu que malia a súa ambigüidade cando fala do seu programa ten “outras voces que falen por el, como a CEOE, onte mesmo nun acto en Santiago, no que volveu a prantexar o abaratamento do despido”.

 

A candidata do BNG advertiu que se xa foi lesiva para os traballadores a reforma laboral aprobada durante esta lexislatura polas políticas de dereitas practicadas polo PSOE, “moito máis grave aínda é o que se nos vén enriba con este tipo de medidas, de máis dereita aínda, que está demostrado non xeneran emprego, e aos dados me remito, pois en Galiza dende que goberna o PP o incremento do paro é superior á media estatal”.

 

“Só quen aposte pola economía produtiva, a economía real, a que favorece aos sectores produtivos, como o sector da pesca, básicos para xerar emprego e benestar, poderá frear a estas políticas de dereitas que nos levaron á situación de precariedade laboral e democrática na que nos atopamos”.

 

Davila asegurou que as propostas do BNG son críbeis porque as avalan ademais os feitos do traballo realizado durante estes anos en Madrid, por iso está convencida de que o único voto útil en Galiza é o voto ao BNG, un voto nacionalista e de esquerdas, concluiu.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí